Sobre unhas redes mariñeiras reutilizadas, desde o pasado 27 de decembro, está aberta na igrexa parroquial de Rinlo (Ribadeo) unha exposición de fotografía documental que recolle instantáneas de placas e lápidas da igrexa e o cemiterio locais. A mostra reúne un conxunto de fotografías de epitafios e de placas colocadas na igrexa con dous motivos diferentes: a restauración dunha embarcación exposta no templo e a homenaxe ao sacerdote Alfonso Pampín, que exerceu nesta parroquia de Ribadeo durante trinta e nove anos, entre 1954 e 1993.
Ordinariamente a mostra estará aberta todos os domingos do mes de xaneiro, mais tamén existe a posibilidade de facer visitas guiadas para aquelas persoas que concerten previamente a visita, durante a cal se mostrarán ao público interesantes exvotos do século XIX así como o retablo do altar maior, obra de Xoaquín Ares, prestixioso ebanista de Mondoñedo.
O horario da visita é os domingos trala misa, ás 10:45 horas. Para vela noutros momentos hai que contactar previamente co teléfono 672.434.197