Este mércores, 15 de xullo, celébrase a subida do río Sor en kaiaks.
A saída terá lugar dende o porto de O Barqueiro ás 10:00 horas e o regreso farase en furgonetas de Actividades Estaca desde Ribeiras do Sor. A duración aproximada será de dúas horas.
As persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura de O Vicedo e a través do número de teléfono 982 59 01 95.
Esta actividade enmárcase dentro dos Mércores de Natureza.