Convocado en Xove o VII Concurso de Fotografía MedioAmbiental. Os traballos poderán presentarse ata o 11 de setembro.

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medio ambiente.

Dentro do concurso haberá unha única categoría. En canto aos premios serán cinco en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros

Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

 A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:
   -Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.
   -Copia do NIF do concursante.
   -Un CD que conteña as imaxes dixitais.

O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ata o día 11  de setembro de 2020 tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación,  tendo en conta o límite do día 11 de setembro de 2020.

Para unha maior información sobre este concurso as persoas interesadas poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. As Bases Reguladoras da Convocatoria e a Ficha de Inscrición-Autoría a poden atopar na sede electrónica do Concello, ubicada na páxina web www.xove.es.