O Concello de Viveiro mantén aberto, ata o vindeiro día 20 de febreiro, o prazo para inscribirse no concurso de disfraces do desfile que se celebrará o martes de Entroido.
Establécense categorías de adultos en carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual, e infantil en individual, parellas e grupos. Entenderase carroza como vehículo de tracción mecánica, ou plataforma, e mínimo de catro participantes.
Poderán participar no concurso calquera particular, asociación ou entidade legalmente constituída, así como os grupos ocasionais que cumpran as condicións previstas nas bases. Os participantes poderán inscribirse unicamente nunha categoría.
Haberá premios para adultos: en Carrozas, de 700 euros para o primeiro, 500€ para o segundo, 300€ para o terceiro e 200€ para o cuarto; en Grupos, 300€ para o primeiro, 250€ para o segundo, 200€ para o terceiro e 100€ para o cuarto; en Comparsas con música, 300€ para o primeiro, 250€ para o segundo, 200€ para o terceiro e 100€ para o cuarto; en Parellas, 100€ para o primeiro, 80€ para o segundo, 60€ para o terceiro e 40€ para o cuarto; e en Individual, 80€ para o primeiro, 60€ para o segundo, 50€ para o terceiro e 40€ para o cuarto. Haberá ademais premios ao Humor de 100€ e á Orixinalidade de 100€.
Os premios na categoría Infantil serán: en Individual, 80€ para o primeiro, 60€ para o segundo, 50€ para o terceiro e 40€ para o cuarto; en Parellas, 100€ para o primeiro, 80€ para o segundo, 60€ para o terceiro e 40€ para o cuarto; e en Grupos, 300€ para o primeiro, 250€ para o segundo, 150€ para o terceiro e 100€ para o cuarto.
Establécese ademais unha axuda especial, por importe máximo de 200 euros, que se concederá a cada unha das carrozas participantes no desfile e para poder optar a elas teñen que estar inscritas no prazo establecido.