Hoxe, 18 de outubro, tivo lugar a Xornada de Promoción dos Bolos dirixidas a nenos/as de 5º e 6º de Primaria do Colexio Pedro Caselles e a rapaces/as de 1º de ESO do IES Illa de Sarón, que serven de preludio ao campionato anual que tódolos anos organiza o Concello de Xove a través da Concellería de Deportes.
Mañá, 19 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXXI da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 16 será a XX edición e a XI da Liga Feminina. O Campionato vaise desenvolver ao longo de 18 tiradas, rematando o 14 de marzo do vindeiro ano no Centro Social de Sumoas.
A competición prevista para este ano vai ser moi similar á da pasada tempada. O sistema de puntuación, clasificación, etc. é o mesmo da pasada edición.
O calendario para esta XXXI edición é o seguinte:
2019
-Sábado 19 de outubro: Centro Social Lago
-Sábado 26 de outubro: Clube Palmeiro en A Rigueira
-Sábado 2 de novembro: Centro Social Penasagudas- Monte
-Sábado 9 de novembro: Campo de fútbol municipal de Xove
-Sábado 16 de novembro: Centro Social O Cruceiro-Xuances
-Sábado 23 de novembro: Centro Social A Vara-Xuances
-Sábado 30 de novembro: Centro Social de Vilachá en Portocelo
-Sábado 7 de decembro: Centro Social Morás
-Domingo 8 de decembro: Centro Social Sumoas
2020
-Sábado 11 de xaneiro: Centro Social Lago
-Sábado 18 de xaneiro: Clube Palmeiro en A Rigueira
-Sábado 25 de xaneiro: Centro Social Penasagudas- Monte
-Sábado 1 de febreiro: Campo de fútbol municipal de Xove
-Sábado 8 de febreiro: Centro Social O Cruceiro-Xuances
-Sábado 15 de febreiro: Centro Social de A Vara-Xuances
-Sábado 29 de febreiro: Centro Social de Vilachá
-Sábado 7 de marzo Centro Social de Morás
-Sábado 14 de marzo: Centro Social de Sumoas