San Miguel de Reinante celebra as súas festas desde este venres 27 ata o domingo 29.
O venres a partir das 20:00 horas haberá unha gran churrascada. O prezo por persoa é de 10 euros e instalaranse mesas e sillas para os asistentes. Actuará o cuarteto tradicional Xaramolos e o Dúo Élite.
O sábado 28 ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne e procesión. Despois terá lugar a sesión vermú coa orquestra Stereo, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo Tango.
O domingo 29 ás 13:00 horas oficiarase a misa solemne e procesión. De seguido haberá sesión vermú coa orquestra Trébol, que ademais amenizará a verbena co grupo Lume.