Mondoñedo acollerá o día 6 de marzo, venres, a denominada Xornada da Lembranza.

Mondoñedo acollerá o día 6 de marzo, venres, a denominada Xornada da Lembranza.
 
Mondoñedo acollerá o día 6 de marzo o amplo programa de actividades incluído na denominada Xornada da Lembranza, que organizan os seguintes colectivos: Plataforma Comarca de Mondoñedo Unida, Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo, Amigos de la Ciudad de Mondoñedo e Asociación Abrindo Camiño.
Os actos empezarán as 09:30 horas coa recepción dos participantes á carón da Alameda dos Remedios, que se trasladarán ata o salón de actos do IES San Rosendo. Alí ás 09:45 horas empezará un evento no que intervirán en primeiro lugar o alcalde mindoniense, Orlando González Cruz; o vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga; e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa. Tamén participarán directivos dos centros educativos IES San Rosendo, de Mondoñedo; IES Perdouro, de Burela; IES Monte Castelo, de Burela; e CEIP Álvaro Cunqueiro, de Mondoñedo, así como representantes dos colectivos organizadores da xornada.
Ademais proxectaranse un audiovisual sobre Leiras Pulpeiro, realizado por Matías Nicieza e narrado por Marina Mayoral, e farase o percorrido inaugural do roteiro turístico literario Leiras Pulpeiro, que empeza no casco histórico mindoniense e remata na área recreativa da Fervenza de Viloalle.