Lourenzá celebrou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero colocando un mural para que os veciños deixasen as súas pegadas malvas de repulsa no colexio Juan Rey.

 

O mural para deixar as pegadas malvas en repulsa á violencia de xénero, que o Concello de Lourenzá ía instalar na praza do Conde Santo,foi trasladado onte ás dependencias do colexio Juan Rey debido á chuvia. Un fragmento dese mural será instalado nas dependencias dos Servizos Sociais municipais, que están no Torreón dos Frades. 

 

 

Ademais, dentro das actividades organizadas para conmemorar o 25 de novembro, baixo o lema Frea a violencia de xénero, no salón de actos da Casa do Concello houbo esta tarde unha charla a cargo da avogada do Centro de Información ás Mulleres para os municipios de Mondoñedo, Abadín e Lourenzá, Fátima Rodríguez Moreda.