O ciclo de charlas médicas en Foz empeza hoxe, xoves, coa conferencia ofrecida polo xerente executivo da área sanitaria, Francisco Soriano, que falará sobre o presente e o futuro do Hospital da Costa, de Burela. Será na casa da cultura focense ás 20 horas.
Dentro deste ciclo, que organiza o Concello de Foz a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) en colaboración co Hospital da Costa, a segunda charla terá lugar o día 20 deste mes e correrá a cargo da doutora Clara Fernández Peña, especialista en Medicina Interna, quen falará sobre as enfermidades asociadas á idade. E a terceira e última conferencia será o día 27, na que o doutor Luis López Díaz, especialista en Neuroloxía, falará sobre deterioro cognitivo e envellecemento.