Fin de semana intensa a carón da III Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. Haberá moitas actividades os días 17 e 18 de xuño.

Fin de semana intensa a carón da III Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. Haberá moitas actividades os días 17 e 18 de xuño.
 
Todo está listo en Foz para a celebración da terceira Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto, o vindeiro 18 de xuño. Haberá tapas, menús e un mercado Vintage, descontos no comercio e tamén concentración de coches clásicos. 
 
O retorno aos anos 60 enmárcase dentro das actividades, que cada mes programa o Centro Comercial Aberto, co obxectivo de promocionar o seu comercio e a súa hostalería e para ofrecer alternativas atractivas aos veciños e visitantes. A terceira Festa Vintage será o 18 de xuño. Os responsables do Centro Comercial Aberto animan “a focenses e visitantes a poñer os seus traxes e os seus vestidos para viaxar por un día á década dos anos 60”. Durante a xornada haberá pasarrúas, talleres infantís, colchonetas… que estarán instaladas na Avenida da Mariña. Esta rúa estará cortada ao tráfico durante todo o día. Ao final da xornada de compras haberá un sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto. Será ás 20:30 horas diante do Concello. Segundo explica José Carlos Paleo, presidente da Acia/CCA, “trátase dun vale de 300 euros e de sete vales de 100 euros cada un. E tamén sortearemos entradas para o festival Why Not Here Fest, que terá lugar os días 12 e 13 de agosto na vila”. 
 
Os locais que se dan cita na festa vintage son: 5 Lobiños Moda Infantil, Alain Aflelou Centro Óptico, Arrullos, Ayn Moda Íntima, Calzados Pirde, Carola Moda, Catorce Cero Catro Sneaker Shop, Cenor Belianorte, Decoraciones Pura, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Faxtor Zapatos, Floristería Ana Fabeiro, Floristería La Gardenia, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Juguetería Din Don, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Longarela Moda Hombre y Mujer, Lourdes Lencería y Baño, Maphre, María Docampo Moda, Óptica Eliseo, Parafarmacia Foz, Suministros Veipa, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet, Viajes Rodríguez, Xanela Agasallos e Complementos e Zapatería Chinela.
 
Os días 17 e 18 de xuño celebraranse as xornadas gastronómicas dedicadas á Mariña Central e aos seu produtos do mar e da terra. Os locais participantes ofrecerán tapas elaboradas con peixe, con carne, con produtos da horta mariñá… “todo coa intención de animar a chegada do verán a Foz. Queremos darlle así a benvida”, di José Carlos Paleo. Os establecemento son: A Funcional, Happy Days, Mayros, Anduriña, Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock, Marexada, Costumes do Mar, Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
 
Tamén durante eses días os clientes do comercio focense poderán beneficiarse de ofertas importantes. O venres, 17 de xuño, Foz acollerá unha campaña comercial da Federación de Comercio con sorteo directo de diferentes agasallos ao final do día na Ruleta da Sorte.  
 
E o día 18 a praia da Rapadoira acollerá a concentración de coches clásicos, que estarán alí expostos ata media mañá para despois percorrer as principais rúas da vila, entre as 12:30 e as 13:30 horas. Desde a unha e media e ata as cinco da tarde os vehículos estarán estacionados na Avenida da Mariña e tras o xantar viaxarán ata Viveiro. Está previsto que retornen a Foz ás oito da tarde e que continúen expostos na Rapadoira ata a noitiña.