O Concello de Ribadeo pon en marcha o proxecto "Factoría dixital: a axenda das tecnoloxías de primavera". Trátase de talleres temáticos, abertos e gratuítos que se impartirán de abril a xuño.

O Concello de Ribadeo pon en marcha o proxecto "Factoría dixital: a axenda das tecnoloxías de primavera". Trátase de talleres temáticos, abertos e gratuítos que se impartirán de abril a xuño.
 
As Áreas de Deportes e Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo porán en marcha un programa conxunto para lanzar unha Axenda das tecnoloxías de primavera, que se desenvolverá ao longo dos meses de abril, maio e xuño. Trátase de microtalleres que teñen como obxecto  fomentar a innovación capacitando ás persoas en novos coñecementos e habilidades no eido das tecnoloxías.
 
Serán píldoras formativas que versarán sobre temáticas concretas cunha metodoloxía eminentemente práctica, de escasa duración (4 horas principalmente)  curtas e autónomas, facilitando así a participación das persoas interesadas. 
 
Os microtalleres buscan fomentar as competencias dixitais en contidos útiles, prácticos e accesibles e están dirixidos especialmente ás empresas, persoas autónomas, comercios, emprendedor@s así como a persoas desempregadas en xeral. 
 
As  empresas, autónomos, persoas emprendedoras terán a oportunidade de achegarse a ferramentas que lles permitan establecer estratexias de márketing, posicionarse na rede, traballar en liña, aforrar custes, realizar un blog corporativo, etc… Todo elo sacando proveito das tecnoloxías sempre de forma sinxela.
 
Tamén se desenvolverá un paquete completo no que se achegarán as ferramentas necesarias para definir e deseñar un plan para a busca de emprego a través das tecnoloxías .
 
As píldoras terán unha duración media de 4 horas, serán gratuítas e as persoas que desexen asistir non teñen por qué ter coñecementos previos agás o manexo básico dun ordenador. 
 
Os interesados en acudir a estes microtalleres poden inscribirse e solicitar máis información na Área de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, na web www.ribadeo.gal, a través do teléfono 982 128 650 e na seguinte dirección de correo electrónico: adl@ribadeo.org
Os microtalleres celebraranse no CeMIT de Ribadeo.