Praias
O 17 de xuño terá lugar a sexta edición da Carreira Popular das Praias. Na presentación, estivo o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, xunto a organizadores e corredores locais, entre outros.
A carreira dará comezo coas categorías infantís, ás 11:15 horas, na praia de Altar. A categoría de adultos principiará ás 12:30 horas con saída dende a praia de Arealonga (xunto ao restaurante La Yenka), e meta na praia de Altar recorrendo todas as praias do concello.
A organización poñerá servizo de autobús, dende as 11:15 horas, para o traslado dos participantes dende a meta á zona de saída.
As inscricións rematan o vindeiro mércores, 13 de xuño, e poden facerse na web: www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com.
...
leer másPresentada en Barreiros a V Carreira Popular das Praias, proba que terá lugar o 28 de maio ás 11:15 para carreiras infantís, e ás 12:30 para adultos.
Ao acto de presentación acudiu o alcalde, Alfonso Fuente Parga, membros da organización e varios corredores da zona, que despois aproveitaron para facer o percorrido a modo de adestramento.
Este ano como novidade estrease un novo percorrido para adultos. A saída será dende a praia de Arealonga e recorreranse todas as praias de mar do concello, Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Balea, Coto, Remior, San Bartolo e Altar. Así mesmo pasarán polo Castro de San Miguel de Reinante, carreiros de pescadores e paseo marítimo, “algo que fai desta carreira algo especial”, segundo a organización. Os participantes contarán con servizo de traslados (a partires das 11:45 horas...
leer más