piratería

21/04/2025

Este xoves, día 24 de abril, ás 20:30 horas terá lugar na ribadense Casa do Viejo Pancho unha conferencia sobre a piratería ao corso e a súa relación con Ribadeo. Será impartida por José María Leal, que é xeógrafo, profesor da UNED en Pontevedra e investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A charla está organizada pola agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, que explica: “a partir das súas investigacións levadas a cabo no marco da súa tese Pesca e negocio na Galicia cantábrica. De Cariño a Ribadeo entre o Catastro de Ensenada e o desestanco do sal, o profesor José María Leal vainos dar unha visión dunha actividade ben coñecida a través da historia, da literatura e do cine, pero que sempre contemplamos desde a distancia e nunca relacionamos coa nosa contorna máis inmediata. Esta vai ser unha boa...

leer más