Pesca
30/07/2015
A 25ª edición da semana náutica que organiza o Real Club Náutico de Ribadeo foi presentada hoxe e na súa programación inclúe nove regatas, unha zalea (excursión lúdica en diversas embarcacións) ata o muíño das Aceas e un campionato infantil de pesca.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, que estivo acompañado por varios membros da xunta directiva da entidade, explicou este mediodía que “para o club é unha satisfacción presentar hoxe esta 25ª edición da Semana Náutica, na cal por terceiro ano consecutivo temos un programa sinxelo, pero que abarca todas aquelas actividades que durante a Semana Náutica se viñeron celebrando estes 25 anos”.
Ramón Acuña anunciou que as actividades “empezan o día 6 de agosto e...
leer más 07/05/2015
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, será a encargada de inaugurar a XVI Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar, que se celebrará na nave de redes do 14 ao 17 de de maio. O evento foi presentado este mediodía en Burela polo sector pesqueiro e polo alcalde e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia.
O rexedor contou que “acabamos de presentar no barco museo Reina del Carmen a 16ª da feira monográfica náutico pesqueira Expomar, que se vai celebrar en Burela, en concreto na nave de redes, desde o día 14, xoves, deste mes de maio ata o 17, domingo”.
González Barcia indicou que “a feira está previsto que sexa inaugurada pola conselleira do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana...
leer más 29/04/2015
En Santiago tivo lugar a presentación da XVI feira monográfica náutico pesqueira Expomar, que se celebrará do 14 ao 17 de maio na nave de redes. O alcalde e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, subliñou que por primeira vez se superan os 100 expositores e as 300 firmas comerciais presentes no evento. Na súa comparecencia avogou por manter a actividade das empresas pesqueiras para manter o emprego e subliñou a importancia que ten o mar para Burela.
O rexedor contou que “hoxe presentamos en Santiago de Compostela a décimo sexta edición da feira monográfica náutico pesqueira Expomar correspondente ao presente ano 2015. E fixémolo acompañados, unha vez máis, pola conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana Carballo. A feira este ano ten algunhas...
leer más 20/04/2015
Este venres, 24 de abril, remata o ciclo Visións do medio ambiente desde Ribadeo, organizado pola asociación de veciños O Tesón. Ás 20 horas no salón de actos da Casa do Mar Mark Adkinson falará sobre "A pesca recreativa como fonte de ingresos sostibles".
Achégase un estracto do currículum de Mark Adkinson:
Nado en 1952 na Gran Bretaña, estudou manexo porcino en centros universitarios de Nottingham e Norfolk. No 1972 chega a España para traballar en Huesca, e tres anos máis tarde, a Galicia, agora levando as granxas de selección do Grupo Conagra (Saprogal). Pasa despois á delegación en Galicia da británica PIC. Nesta época traballa tamén como consultor internacional.
No 1996 monta en Francia o...
leer más