Este venres, 24 de abril, remata o ciclo Visións do medio ambiente desde Ribadeo, organizado pola asociación de veciños O Tesón. Ás 20 horas no salón de actos da Casa do Mar Mark Adkinson falará sobre "A pesca recreativa como fonte de ingresos sostibles".
Achégase un estracto do currículum de Mark Adkinson:
Nado en 1952 na Gran Bretaña, estudou manexo porcino en centros universitarios de Nottingham e Norfolk. No 1972 chega a España para traballar en Huesca, e tres anos máis tarde, a Galicia, agora levando as granxas de selección do Grupo Conagra (Saprogal). Pasa despois á delegación en Galicia da británica PIC. Nesta época traballa tamén como consultor internacional.
No 1996 monta en Francia o centro mundial de selección xenética da empresa PIC. Dous anos despois volve a Galicia para traballar na empresa familiar. Cinco anos máis tarde, problemas de saúde lévano dar un xiro na súa actividade, montando unha páxina web coa venda de casas rústicas.
Ten un longo historial relacionado co medio ambiente: comezou hai 35 anos, presentando as dúas primeiras denuncias por delito ecolóxico en Galicia, o que fixo en solitario.
Ó ver a impotencia da loita legal en solitario, agrupouse na Asociación Galega de Pesca Fluvial, na que foi Vicepresidente, colaborando cona Xunta de Galicia na escritura da actual lei de pesca fluvial, aprobada no Parlamento Galego o 27/7/1992.
Desde hai 34 años tamén milita en AEMS Ríos con Vida (premio Nacional de Medioambiente 1998), sendo presidente da sección galega. Neste posto, realizou a Denuncia Penal polo cierre da Fervenza de Ézaro en Dumbría, que, sen aínda ter chegado a xuízo, fixo que en tres semanas estivera abierta ó público a maior atracción turística da Costa da Morte. A Endesa, Fenosa y Iberdrola por incumprimento da lei de pesca fluvial de 1992, con resultas dun prazo de 6 meses para acatar os caudales ecolóxicos (con caso omiso polo momento). Á empresa Tres Mares, por ter cortado totalmente o río Castro usando todo o caudal para a piscifactoría, entubando dous regatos máis directamente á piscifactoría, durante 30 anos. Ó Concello de A Coruña e a Aguas de La Coruña pola construcción da Presa de Cecebre sen escala de salmónidos, etc.
As accións, razoadas, están logrando novas zonas de pesca sen morte, mellorando os ríos nos tramos próximos.
Ademais, Ríos con Vida está colaborando no plan Life de recuperación do mexilón de río Margeritifus e a recuperación do topillo de rio na cunca do Ulla.