O Concello de Ourol organiza, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, un curso sobre a protección xurídica das persoas con demencia ou discapacidade. Será o 30 de outubro, luns, de 16:30 a 18:30 horas no edición multiusos do Concello de Ourol.
O obxectivo deste curso é proporcionar información e aclarar dúbidas con relación á nova regulación legal sobre a capacidade xurídica das persoas con demencia (medidas de apoio no ámbito persoal, patrimonial e económico).
Os interesados poden anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57) ou a través da web https://escolasaude.sergas.es.