Observación
Ribadeo acollerá dúas observacións astronómicas os días 14 e 30 de agosto. Serán na praza de España.
10/08/2017
Ribadeo será escenario de dúas observacións astronómicas nos vindeiros días, tal e como ven ocorrendo desde hai anos durante o verán.
Este programa desenvólvese baixo o título Todo Cosmos, a astronomía ao alcance de tod@s.
As observacións astronómicas terán lugar os días 14 e 30 deste mes. Serán a partires das 22:00 horas na Praza de España e están abertas a todo o público que desexe participar.
Organizan esta actividade: Concello de Ribadeo, a través da Delegación de Sostibilidade Ambiental, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Española para la Ciencia y la Tecnología.
11/11/2016
O grupo educativo Chao de Castro Altair e a ETL Altair Galiza organizan unha observación astronómica de balde e aberta a todos os públicos que terá lugar o sábado 19 de novembro entre as 18:30 e 22:30 horas en Burela.
A actividade dará comezo ás 18:30 horas no Hotel Nordés cunha breve exposición a cargo de Alfredo Madrigal sobre orientación no ceo e sobre cuestións xerais de astronomía que para o público presente podan ser de interese. A observación será no paseo marítimo (no espigón da praia do Cabaliño) e estará dispoñible até as 22:30 horas do 19 de novembro para todo aquel que se queira acercar a dar unha vista de ollos. Na actividade vanse utilizar telescopios profesionais propiedade da Agrupación Astronómica Io da Coruña mais se alguén ten un telescopio...
leer más