Nocturna

Etiquetas:
24/07/2019

Os gañadores absolutos, masculino e feminino, da terceira edición da carreira nocturna Rinlo-Ribadeo levarán de premio 3 quilos de percebes. A proba, que se celebrará o 24 de agosto, foi presentada no salón de plenos do Concello ribadense polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, e catro membros do organizador do evento, o Club Atletismo Ribadeo: Arxi García Gómez, Rocío Díaz Mesa, Marta Fernández Díaz e Ana María Ferradás Barrera.

Desde a organización explican que “a edición deste ano terá un carácter emotivo e solidario xa que se invitará a gozar do atletismo baixo o lema Sempre vivas e libres, co que queremos homenaxear a todos os grupos sociais que sofren a violencia, facendo fincapé nas mulleres, que son as máis vulnerables desta lacra na que estamos inmersos nos nosos días. Debemos denunciar e afastar da sociedade aos modelos...

leer más
Etiquetas:
08/07/2019

O Concello de Burela presentou a carreira Burela Bonita que se celebrará o sábado 20 de xullo. Trátase do cuarto circuíto urbano nocturno que dará comezo ás 22:30 horas, na praza da Mariña. As inscricións poden realizarse ata o 18 de xullo en www.championchipnorte.com. 

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo que “este ano temos a carreira dos nenos que vai empezar ás sete da tarde, imos intentar axilizar a súa carreira para entregarlles os premios antes de que sexa a de adultos”.

O edil burelés subliñou que “o obxectivo que nos marcamos é que a participación siga incrementándose como ocorreu todos estes anos. É unha proba que aos atletas que a fan lles gusta moito porque ten un percorrido moi bonito. Ademais ten a peculiaridade de que é nocturna”....

leer más
Etiquetas:
08/08/2018

O grupo de sendeirismo da ACD Xove organiza unha ruta nocturna para ver a choiva de estrelas Perseidas ou Lágrimas de San Lourenzo este sábado, 11 de agosto.

A andaina será duns 4´5 quilómetros, pola senda costeira de Xove, Camiño Natural do Cantábrico, e percorrerá o Coto da Vela, onde está soterrado un dos castros costeiros máis grandes de toda A Mariña, nunha altura de preto de 160 metros case verticais ao mar. A ruta tamén discorrerá pola illa de Sarón, a segunda máis grande da Mariña e berce de toda clase de aves mariñas.

Os camiñantes deberán ir provistos de frontal de luz ou lanterna, unha pequena esterilla ou toalla para deitarse no chan e contemplar as estrelas, roupa de abrigo por se fose necesaria e algo para comer.

As persoas que vaian por primeira vez deberán cubrir unha...

leer más
Etiquetas:
07/08/2018

Os Sendeiros de Foz organiza a 9ª Marcha Nocturna Rúas de Foz-Paseo de Malates o 14 de agosto.

A saída será as dez da noite da praza Conde Fontao.

O prezo é 3 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio. As inscricións poden facerse no e-mail ossendeiros@yahoo.es, e nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 017. O prazo para anotarse remata o vindeiro domingo, 12 de agosto.

A organización recomenda levar lanterna ou farol. Ao remate da marcha haberá unha gran chocolatada con biscoitos de balde.

Colabora o Concello de Foz.

Etiquetas:
21/06/2018

A III edición da Carreira Nocturna Burela Bonita terá lugar o día 21 de xullo. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, agarda que se superen os 240 inscritos do ano pasado. O evento foi presentado este mediodía no Concello burelés.

O edil de Deportes anunciou que “presentamos a terceira edición da Carreira Nocturna Burela Bonita que imos celebrar o día 21 de xullo, a partir das dez e media, vai ser a carreira de 5 e 10 quilómetros”.

Ramiro Fernández subliñou que “este ano imos facer a carreira dos nenos, que o ano pasado fixémola pola mañá, con anterioridade á carreira principal. Nesta edición imos dar trofeos en todas as categorías como novidade, e esperamos que a participación do ano pasado, que foi de 240 persoas, mellore nesta edición e que haxa máis xente que participe na carreira”.

... leer más
Etiquetas:
19/04/2018

De Burela sairá a carreira popular Banco Mediolanum o vindeiro 10 de xuño e o 21 de xullo terá lugar a terceira edición da Burela Bonita. Así o anunciou esta tarde o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey. 

O edil burelés explicou que “onte foi un día duro de traballo na Concellería de Deportes de Burela, onde tivemos dúas reunións para cerrar dúas probas de atletismo que para nós son moi importantes. Unha que se vai celebrar o día 10 de xuño, que é a carreira que organiza o banco Mediolanum. Tivemos unha reunión coa dirección técnica da carreira e xa podemos confirmar que o día 10 de xuño con saída desde Burela vamos ter a carreira popular Banco Mediolanum de Burela a Foz. Este ano cámbiase a chegada, que será en Foz, pois ano pasado fora en Burela”. 

E seguiu a relatar: “ademais diso tivemos unha reunión...

leer más
Etiquetas:
24/08/2017

La I Carrera Nocturna Rinlo-Ribadeo se celebrará el 2 de septiembre. Está organizada por el Club de Atletismo de Ribadeo y fue presentada públicamente en el día de hoy. El recorrido será de 8.700 metros para adultos, y habrá también pruebas para las categorías infantil y juvenil. La carrera infantil saldrá a las ocho de la tarde y discurrirá por el entorno del parque de San Francisco. La categoría juvenil hará el recorrido entre la Illa Pancha y la plaza de España, y la salida al igual que en la de adultos, será a las 21:30 horas. Esta es la décima carrera que organiza el club ribadense, que cuenta con medio centenar de socios.

Ángel Ares, miembro del Club de Atletismo de Ribadeo recuerda que “ya hace años que se están organizando carreras por parte del club en distintas categorías tanto infantiles, como juveniles, senior y veteranos....

leer más
Etiquetas:
10/06/2016
A I Carreira Nocturna Burela Bonita, que se celebrará o 23 de xullo, percorrerá as rúas máis céntricas da vila.
 
As rúas máis céntricas da vila acollerán a I Carreira Nocturna Burela Bonita o vindeiro 23 de xullo a partir das 21:30 horas. O evento deportivo foi presentado hoxe polo concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, que estivo acompañado de Simón González (corredor afeccionado de Burela), Pablo Mon (co organizador) e Iván Cao “Lucas” (técnico de Deportes do Concello burelés). A proba percorrerá unha distancia de 10 quilómetros. 
 
Nesta iniciativa tamén participa a empresa Championchip Norte e a inscrición poderá facerse na páxina web www.champiochipnorte.com, o custe da inscrición será de 7 euros e nese prezo incluirase a camiseta, o seguro deportivo e o chip da carreira, que contará con...
leer más