O 18 de xullo preséntase Argadelo en Ribadeo e o 19 serán inauguradas as exposicións de Maite Díaz e Fernando Páez

O próximo 18 de xullo terá lugar en Ribadeo a presentación do proxecto Argadelo. Será en dúas sesións: ás 11:30 horas no Centro de Día A Concordia e ás 20:30 horas na Escola das Anzas no que os asistentes compartirán cantos, risas e bailes. Argadelo é un proxecto que se desenvolveu en Vilaselán e nas Anzas, e promete ser un punto de encontro cultural e social para os veciños e visitantes da zona.

O venres, 19 de xullo, será a inauguración da exposición de acuarelas de Maite Díaz Castaño. A mostra, titulada “Imaxes de Ribadeo e a súa ría”, estará aberta ao público na Casa do Viejo Pancho, ata o 12 de agosto. A inauguración terá lugar este venres ás 19:00 horas.

Ese mesmo día dará comezo a exposición de fotografía de Fernando Páez. Dita mostra estará situada na sala de exposicións do Campo e poderá ser visitada ata o 31 de xullo. A inauguración terá lugar este venres ás 20:00 horas.

Estas actividades son unha excelente oportunidade para que os veciños e visitantes de Ribadeo gocen da arte e da cultura local.