Indiana
Comezou a conta atrás para a celebración do IV Ribadeo Indiano, que terá lugar do 7 ao 9 de xullo. A festa está organizada polo Concello ribadense e por Acisa que presentaron hoxe o cartel e algunhas das actividades programadas. Volverá o mercado de produtos de ultramar, o festival de habaneras e música hispanoamericana será o 8 de xullo, e como novidade figura unha exposición titulada Os adeuses do fotógrafo Alberto Martí, que reflicte o éxodo galego cara América entre 1957 e 1963 desde os portos de A Coruña e Vigo. Ademais aproveitando a celebración dos 100 anos do tango La Cumparsita, haberá un obradoiro de baile de tango de salón todos os domingos do mes de xuño.
O alcalde, Fernando Suárez, e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, David Martínez, convidan a achegarse a gozar da cuarta...
leer más