A Fundación IMDECUM organiza a décima edición do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2020.
Poderán participar todas aquelas persoas que estean cursando estudos de formación, durante o ano académico 2020-2021, nos institutos Monte Castelo e Perdouro de Burela, Dionisio Gamallo de Ribadeo, Marqués de Sargadelos de San Cibrao, Vilar Ponte e María Sarmiento de Viveiro, Illa de Sarón de Xove, Alfoz-O Valadouro e Foz. Tamén estará dirixido aos usuarios e usuarias da Fundación Eu Son, Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e Asociación Camiña.
Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías e a temática é A Mariña. Deberán enviarse a través do servidor www.wetransfer.com ou ao correo electrónico contacto@imdecum.com. Os traballos, que poderán ser individuais ou grupais, deben ser inéditos e orixinais. Para as fotografías nas que aparezan persoas recoñecibles, os concursantes deberán ter a súa autorización. O prazo de entrega remata o día 30 de decembro.
O premio consistirá en material fotográfico/vídeo por valor de 150 euros.
Os organizadores do concurso resérvanse o dereito de expoñer as fotografías e vídeos pero recoñeceranse os dereitos de autoría a cada participante. Os dereitos de uso, difusión, distribución, exhibición, exposición, comunicación pública, divulgación e reprodución de todos os traballos presentados ao concurso quedarán cedidos á Fundación Indecum, co obxecto de que esta os poida reproducir e comunicar pública e gratuitamente, e con identificación dos seus autores se o considerase preciso.
Colabora na organización deste certame, a Área de Cultura da Deputación de Lugo.