hostalería
La Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos promociona las compras en el comercio local los sábados por la tarde y los domingos por la mañana y el consumo en la hostelería local con la campaña Domingueo en Ribadeo.
El objetivo de esta campaña pasa “por potenciar las compras durante los fines de semana, especialmente los sábados por la tarde y los domingos por la mañana y por dar a conocer un poco más a Ribadeo a aquellas personas que tenemos más cerca. Oviedo, Avilés, Gijón o Lugo están a poco más de una hora en coche y por autovía. Desde A Coruña se llega a Ribadeo en menos de hora y media. Queremos dirigirnos a ese público, a esa clientela, a la que queremos animar a pasar los fines de semana en la localidad, y a motivarlos a comprar y consumir en Ribadeo. Estamos muy cerca y tenemos muchas cosas que ofrecerles:...
leer másACISA Ribadeo lanza unha nova campaña que dará comezo mañá, 3 de setembro, e que está enfocada a atraer aos clientes habituais tanto do municipio como das comarcas da Mariña e do occidente asturiano. Os establecementos participantes ofrecerán importantes descontos e promocións os días 3, 4, 5 e 6 de setembro.
O xerente de ACISA, Jesús Pérez, explicou que “esta nova iniciativa comercial e hostaleira chámase Veciñ@s, estamos list@s, queremos que volvas, e busca atraer de novo aos clientes de sempre. Agora que xa rematou a tempada alta de turismo, Ribadeo volve ter o ambiente habitual e volvemos ser os de sempre. Por iso cremos que é bo momento para dicirlles aos ribadenses e aos veciños da Mariña e do Occidente de Asturias que estamos listos para que volvan, para mercar de cara á volta ao cole, mercar para facer agasallos, mercar para a nova...
leer másAcisa presentou a app Ribadeo Cerca de Ti. O acto tivo lugar hoxe na praza do Cantón dos Moreno. A aplicación xa se pode descargar en todos os dispositivos e entre os seus usuarios e usuarias sortearanse dúas tablets de última xeración. Esta actuación está financiada polo Concello de Ribadeo a través do convenio asinado, hai uns días, entre ambas entidades.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “tras ter que suspender a presentación prevista para o mes de marzo, debido ao Covid, hoxe podemos por fin estrear e dar a coñecer a App da nosa asociación. Chámate Ribadeo Cerca de Ti e xa está lista para ser descargada en todos os móbiles e tablets desde hoxe mesmo. Esta app pretende dar o primeiro paso na dixitalización do comercio e da hostalería de Ribadeo e irase completando ao longo dos vindeiros meses con melloras na propia...
leer másDende a Asociación de Comerciantes de Burela subliñan que “o comercio de Burela está traballando con normalidade e estremando as medidas de seguridade para darlle ós nosos clientes o servizo de sempre, coidando da saúde de todos os veciños/as da nosa vila”.
E engaden que “os negocios de hostalaría que pecharon neste días o fixeron como medida de prevención e seguridade, para traballadores e clientes. Pero moitos locais hostaleiros están traballando con normalidade, e cumprindo coa normativa vixente”.
Dende o CCA burelés din: “mandamos esta aclaración porque hai circulando noticias sobre o peche do comercio de Burela e dándolle pávulo a declaracións de xente que non está vinculada co sector empresarial. Son tempos complicados para todos, pero con comunicación, responsabilidade e sentidiño, poderemos seguir...
leer másAcisa Ribadeo distribúe cartelería nos locais de hostalería, que estes días abren as súas portas, coas recomendación fronte ao Covid-19 e entrega material nos comercios asociados para dar a coñecer os prezos especiais que moitos realizan antes das rebaixas de verán. O slogan elixido para esta ocasión é Prezos especiais para ti.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, declarou que “no contexto que vivimos agora mesmo non queremos promover unha campaña masiva de descontos, xa que cada comercio coñece as súas singularidades. Queremos dicirlle á cidadanía que, si ven a Ribadeo, poderá encontrar nalgunhas tendas, prezos especiais diante dunha situación especial, e para elo o que facemos é darlles materiais gratuítos aos nosos asociados e asociadas. En cada comercio deben tomar as súas decisións, pode haber establecementos que teñan necesidade de...
leer másAcisa sortea durante os xoves do mes de febreiro un total de 88 consumicións en 9 locais asociados. Con esta campaña denominada Saír de Copas en Ribadeo sáeche gratis a asociación anima a gozar da noite ribadense.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “se trata dunha campaña con dous obxectivos claros: facer publicidade dos nosos establecementos asociados deste sector e potenciar a imaxe de Ribadeo como vila de ocio nocturno. Con esta iniciativa pretendemos reforzar a publicidade de Ribadeo como un lugar ao que merece a pena vir tomar as copas os venres e os sábados, e por iso poñemos en marcha unha gran campaña de publicidade tanto en radios como en redes sociais. Ribadeo é un lugar estupendo para saír con boa música e bo ambiente, polo que cremos que está ben recordarllo á xente para que se anime a seguir vindo a Ribadeo”....
leer másOs locais hostaleiros asociados a Acisa desfrutarán dunha ampliación de 3 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza durante a madrugada de Fin de Ano, do 31 de decembro ao 1 de xaneiro.
Desde Acisa subliñan que “a devandita ampliación ten como hora límite as oito da mañá do día de Aninovo”. E engaden que “a Policía Local conta co listado dos establecementos que se poden beneficiar desta ampliación horaria, que son os socios de Acisa, así como con copia das autorizacións emitidas”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos tramitou tamén a autorización de ampliación dunha hora sobre o horario habitual para o sector hostaleiro durante o primeiro trimestre de 2020. En xaneiro serán as madrugadas do 3 ao 4, do 4 ao 5 e do 5 ao 6; en febreiro as madrugadas do 14 ao 15, do 15 ao 16, do 21...
leer másAcisa Ribadeo impulsará novas actividades para a hostalería e o comercio nos últimos meses do ano. O colectivo empresarial animará a visitar a vila durante as fins de semana e organizará dúas campañas en novembro. Estes foron algúns dos acordos acadados na reunión mantida pola xunta directiva de Acisa hai uns días. Nese encontro definíronse as liñas de actuación para os vindeiros meses.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, anunciou que “este mes de outubro rematará realizando seis campañas. Os días azuis do comercio galego, que acaban de rematar. Esta fin de semana celebrarase unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo e unha Noite Aberta para o comercio. O luns que ven comezará en Ribadeo a campaña da FCAM co sorteo de 1.000 euros en vales de premios en comercios e hostalería; poñeranse a disposición dos veciños as...
leer másDo 26 de novembro ao 11 de decembro terán lugar os cursos de formación para profesionais da hostalería que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense no marco do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. Serán impartidos pola Asociación de Cociñeiros da comarca e desenvolveranse no restaurante O Asador del Alba, en Barreiros.
Como todos os anos, desde o 2016, a Mancomunidade ofrece formación específica para as empresas de restauración e hostalería, que se desenvolve grazas ao convenio firmado pola Mancomunidade e a Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia. A devandita formación vai dirixida este ano ao persoal de cociña co interese de fomentar o produto local.
Esta formación estará impartida pola Asociación de Cociñeiros da Mariña, que busca coa súa entidade dinamizar, promocionar...
leer másLa Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos promociona las compras en el comercio local los domingos por la mañana y el consumo en la hostelería local con la campaña Domingueo en Ribadeo.
El objetivo de esta campaña pasa “por potenciar las compras durante los domingos por la mañana y por dar a conocer un poco más a Ribadeo a aquellas personas que tenemos más cerca. Oviedo, Avilés, Gijón o Lugo están a poco más de una hora en coche y por autovía. Desde A Coruña te pones en Ribadeo en menos de hora y media. Queremos dirigirnos a ese público, a esa clientela, a la que queremos animar a pasar los fines de semana en la localidad o a acercarse a disfrutar de los domingos. Estamos muy cerca y tenemos muchas cosas que ofrecerles: comercio referente y próximo y una hostelería en constante movimiento dispuesta a sorprenderles...
leer más