Foz
22/04/2015
Este venres, 24 de abril, ás 18:30 horas estará na Librería Bahía a ilustradora Minia Regos, que impartirá un obradoiro de ilustración para nenos e nenas de 6 anos en diante.
Esta actividade servirá de inauguración dunha exposición dos orixinais da súa obra Tac, Tac, Tac, Plof –álbum ilustrado editado pola editorial Narval- que se poderá visitar na Librería Bahía dende o 24 ata mediados do mes de maio.
Minia Regos naceu en Pontevedra e cursou Belas Artes na Universidade de Vigo. Ilustrou, ademais do álbum que poderemos ver na Librería Bahía, outros libros de éxito como Casas de Paula Carballeira ou Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Serra i Fabra.
“Con esta actividade queremos celebrar o día...
leer más 21/04/2015
Dentro da denominada Programación das Letras a biblioteca pública municipal de Foz conmemorará o Día do Libro este xoves, día 23, cun obradoiro de banda deseñada a cargo do coruñés Xosé Tomás, que é ilustrador e humorista gráfico para varias publicacións.
O taller de cómic será na propia biblioteca ás 11:30 horas para rapaces do club de lectura do IES de Foz. É unha actividade incluída na iniciativa Ler conta moito, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello focense.
Ademais, o venres 24 ás once da mañá visitarán a biblioteca municipal de Foz alumnos da escola infantil A Galiña Azul, da vila focense, que gozarán dunha sesión de contacontos do libro Elmer, el elefante.
15/04/2015
Coincidindo coa exposición Artes Plásticas da Mariña, na que se recolle una boa chea de artistas mariñáns, e que se pode visitar no Cenima de Foz a asociación cultural A Pomba do Arco de Foz vai organizar una serie de mesas debate nas que se abordará, como tema principal, o estado actual da arte. Todas estas mesas debate terán lugar no Cenima de Foz entre os días 20 e 23 ás 20.30 horas.
Primeira charla: Arquitectura de nós.
O luns comezará esta actividade coa intervención de Xosé Manuel Casabella. O arquitecto de fama mundial e cunha extensa obra en Galicia vai abordar o tema do estado actual da arquitectura galega. Despois da charla...
leer más 15/04/2015
Continúa a festa da arte na Mariña. Por segundo ano a asociación Tá en Artes únese á Semana das Artes da Mariña baixo o lema “Queremos arte”.
Este ano a proposta é da asociación Tá en Artes e consiste en obradoiros de plástica para todas as idades, segundo a proposta da ilustradora mariñá Lucía Vila en colaboración cos artistas Álvaro Trincado, Cristina Basanta, Zilí Katova e Caxigueiro.
A cita é o próximo sábado, 18 de abril, diante do CENIMA en Foz, ás 12 da mañá.
A actividade é gratuíta. As prazas son limitadas. Inscricións no correo electrónico: taenartes@gmail.com ou no teléfono: 620560995.
13/04/2015
O ano pasado a Asociación Cultural A Pomba do Arco levaba a Foz o grupo de teatro Ollomao despois de ter paseado por toda Galiza a obra "Os vellos non deben namorarse". Este ano a mesma asociación quere que Foz volva a disfrutar do teatro de Ollomao.
Este sábado, 18 de abril, ás 18 horas na sala Bahía de Foz, o grupo de teatro da asociación cultural Ollomao representará a súa derradeira obra "Oé, Oé, Oé".
"Oé, Oé, Oé" é unha de teatro escrita por Maxi Rodríguez que se está a representar en toda Europa con gran número de asistentes. Foi estreada en Asturias en 1994, sendo traducida ao galego por Roberto Vidal Bolaño e representada polo grupo “Teatro de aquí”, supoñendo un dos grandes éxitos do teatro galego. A obra de Maxi Rodríguez é...
leer más 13/04/2015
Este xoves, 16 de marzo, ás oito e media da tarde estará en Librería Bahía, en Foz, o médico e divulgador sanitario Antonio Palomar nunha charla baseada no seu libro "Alimentación inteligente, cocina saludable".
Antonio Palomar (Getxo, 1959) é médico e divulgador sanitario. Dende hai máis de 20 años imparte conferencias e cursos sobre nutrición e educación para a saúde. Traballa como orientador en casas de reposo e escolas de saúde formando en alfabetización emocional dende 1988. É fundador da Asociación Sumendi para a autoxestión da saúde e da casa de reposo Sumendietxea.
11/04/2015
A Banda Municipal de Música de Foz ofrecerá un concerto solidario no que se recollerán produtos para o banco de alimentos local. Será o día 25 deste mes, sábado, ás 20:30 horas na Sala Bahía.
Todos os produtos, que serán recollidos á hora do concerto na propia Sala Bahía, serán entregados integramente ao banco de alimentos focense. O que máis necesita actualmente é leite, galletas, azucre, tomate frito, conservas (sobre todo atún), produtos de limpeza, de aseo persoal e de hixiene infantil.
07/04/2015
Dentro do ciclo de teatro infantil organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, a Sala Bahía acollerá unha nova representación este vindeiro sábado, día 11, ás 18.30 horas.
A compañía Sarabela porá en escena a obra titulada O último dragón, dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos de idade. Terá unha duración de 50 minutos e o prezo da entrada é de 2,5 euros, excepto para os menores de 12 anos, que deberán pagar 1,5 euros.
06/04/2015
O vicepresidente e responsable de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou este serán en Foz a quinta edición da Copa Deputación de Piragüismo, que un ano máis disputarán os seis conxuntos da provincia e conta co respaldo da Vicepresidencia Primeira do organismo provincial, a través da súa Área de Benestar e Deporte. Acompañaron nesta presentación o Delegado en Lugo da Federación Galega de Piragüismo, Martín Carballo, e representantes dos clubs participantes.
Antonio Veiga explicou que esta quinta copa se disputará “entre os meses de abril e agosto, seguindo o formato de anteriores edicións, polo que cada club se encargará de organizar unha regata”, indicou. A primeira proba celebrarase o 26 de abril nas instalacións do Club Fluvial de Lugo, a segunda...
leer más 02/04/2015
A saída desde as inmediacións do Concello de Foz está prevista para as 8 da mañá. O prezo da ruta, con xantar incluído, será de 20 euros. Os interesados en acudir poden anotarse ata o 10 de abril nos teléfonos 670 369 017 ou 696 236 020 e tamén na seguinte dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es
Os Sendeiros de Foz recomendan leval equipo de sendeirismo e explican que a dificultade da ruta por Pol é media.