Faba
O 5 de outubro, sábado, ás 12 do mediodía Manuel Román Ramos, coñecido popularmente en Lourenzá como Manolo de Cartas, será o encargado de ler o pregón da XXIX Festa da Faba.
Manuel Román, mestre xubilado, é un estudoso da historia do seu concello. No ano 2001 publicou un libro homenaxe a Francisco Fernández del Riego, Vivir unha vida, e anos máis tarde unha reedición ampliada titulada Lume aceso. Ten numerosos estudos publicados e inéditos sobre a orixe do mosteiro de San Salvador, a figura do Conde Santo, a toponimia e o nacemento do concello de Lourenzá. É un asiduo colaborador e relator nas xornadas de historia local que organiza cada ano o Concello.
O concelleiro de cultura, Manuel Arango, destacou que “é un luxo que Manuel Román aceptara ser o pregoeiro nesta edición da Festa da Faba”.
O grupo Astarot actuará en Lourenzá o día 5 de outubro, sábado, dentro do programa da vixésimo novena edición da Festa da Faba.
O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, anunciou hoxe que “o grupo de rock galego Astarot actuará o sábado 5 de outubro en Lourenzá con motivo da celebración da XXIX Festa da Faba. Astarot interpreta en versión rock temas tan coñecidos da música galega como Sementeira, Meu amor é mariñeiro, Lela, Negra Sombra, O tren, etcétera”.
Manuel Arango destaca que “este concerto, coma todos os que teñen lugar durante a Festa da Faba, será con entrada gratuíta”.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, presentou hoxe a programación da XXVIII edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará dos días 5 ao 7 de outubro. As actividades inclúen a venda de fabas, degustacións, tapas elaboradas con esta leguminosa, showcooking, actividades infantís, os concertos musicais de Tumba e Dalle e A Roda e concentracións de vehículos clásicos, entre outras propostas. O pregón será o sábado ás 12:00 horas e correrá a cargo da xornalista Marta Docampo. A rexedora convida a asistir a esta cita.
Rocío López anunciou que “o fin de semana do 5, 6 e 7 de outubro celebramos a vixésimo oitava edición da Festa da Faba de Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego pola Xunta de Galicia. A inauguración do stand do concello invitado, unha novidade que introducimos fai dous anos, terá lugar o venres. Este ano é A Rúa...
leer másO Centro de Interpretación da Faba, en Lourenzá, acolleu esta mañá a presentación da segunda edición da Ruta da Faba, da que poderán gozar mariñáns e turistas os días 13, 20 e 27 de outubro. Esta ruta busca poñer en valor o arte, o patrimonio, a natureza, a gastronomía e o cultivo da faba de Lourenzá. Durante 7 horas grupos de 10 ou 15 persoas poderán percorrer edificios emblemáticos laurentinos, visitar as plantacións de faba e falar cos agricultores, achegarse á Cooperativa Terras da Mariña e gozar dun delicioso xantar composto de produtos da comarca, entre outras actividades. No acto desta mañá participaron o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o representante da Cooperativa Terras da Mariña, José Cuadrado; e Pedro Fraga, de Mariña Activa, empresa que se encarga de comercializar esta Ruta da...
leer másO Concello de Lourenzá presentou o cartel da vixésimo oitava edición da Festa da Faba, que se celebrará do 5 ao 7 de outubro. A autora é Aixa Paz Mora, natural de Lourenzá e licenciada en Belas Artes. A alcaldesa, Rocío López, tamén anunciou que a pregoeira da Festa da Faba 2018 será a xornalista e locutora de radio Marta Docampo, laurentina afincada en Madrid. O pregón será o día 6, sábado, ás 12:00 horas.
A rexedora explicou: “hoxe presentamos o cartel desta 28 edición da Festa da Faba de Lourenzá. A autora é unha muller, Aixa Paz Mora, natural de Lourenzá e que cursou Belas Artes”.
Rocío López salientou que “non é fácil dar cun cartel que transmita a esencia desta festa, a esencia do val e a esencia da faba. Todo iso que os laurentinos e todos os que nacemos aquí coñecemos de primeira man e que queremos, pero...
leer másO Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá acollía este mediodía a presentación da Ruta da Faba. Trátase dunha ruta que xira arredor dos principais tesouros desta terra, arte, gastronomía e o cultivo da recoñecida leguminosa. Inclúe visitas guiadas ao Mosteiro e á Igrexa de San Salvador, ao Museo de Arte Sacro, ao Pazo de Tovar, ao Centro de Interpretación da Faba, a área recreativa do Muíño do Pereiro e ao Miradoiro da Valiña, ademais de degustación de faba de Lourenzá e outros produtos típicos desta comarca como a merluza de Celeiro ou o bonito de Burela. Nesta iniciativa participan a Mancomunidade de Municipios da Mariña, o Concello de Lourenzá e a Xunta de Galicia.
O presidente da Sociedade Cooperativa Terras da Mariña, Jose Cuadrado, explicou na presentación que “o proxecto xurde dunha idea da Cooperativa Terras da Mariña xunto co...
leer másO vindeiro luns, 30 de outubro, terá lugar a presentación da Ruta da faba de Lourenzá, un proxecto da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, do Concello de Lourenzá, de Terras da Mariña Sociedade Cooperativa Galega e do Pazo e Forno de Tovar.
O acto desenvolverase no Centro de Interpretación da Faba a partir das 12 da mañá. En el intervirán varias autoridades locais, provinciais e autonómicas. Unha vez rematada esta presentación haberá unha visita ao Mosteiro da Igrexa de San Salvador e ao Pazo de Tovar, onde finalizará a inauguración desta ruta cunha pequena degustación gastronómica.
A Ruta da faba xira arredor dos principais tesouros desa zona mariñana: arte, natureza, gastronomía e o cultivo da faba. A proxecto inclúe visitas guiadas polo patrimonio artístico de Lourenzá ao Mosteiro e á Igrexa de San...
leer másA Deputada de Economía,Mayra García Bermudez, a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, o Concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron e o autor do cartel da festa, Ignacio Castro “Nachok”, presentaron este martes no Salón de Plenos da vila a XXVII Edición da Festa da Faba de Lourenzá, un produto de primeira categoría e que conta con IXP, que se celebrará dende o 29 de setembro ata o 1 de outubro. O Goberno da Deputación colabora con esta cita con preto de 5.000 euros.
García Bermudez avanzou que o Goberno da Deputación contribúe á promoción dafaba de Lourenzá no marco do seu Plan Estratéxico de Turismo da provincia, que define a promoción dos produtos autóctonos dos Concellos lugueses, como un factor de singularidade turística, capaz de atraer visitantese xerar riqueza na provincia.
A Deputada remarcou a...
leer más