exposición
06/08/2015
Obras de catorce artistas plásticos da zona, moitos deles ribadenses e outros vinculados a outros lugares da Mariña, están expostas no forte de San Damián ata o día 19 deste mes. Estas creacións forman parte da mostra Mariñarte 2015, que foi inaugurada hoxe polo concelleiro de Cultura ribadense, Farruco Graña Rama.
“Pasiño a pasiño, tarde a tarde, mañá a mañá, ao final acaba pasando por aquí moita xente; a anterior exposición que tivemos foi visitada por unhas 1.400 persoas. É atractivo o lugar para facer unha exposición, é atractivo o entorno para dar un paseo e aproveitar que está o forte de San Damián aberto para ver unha exposición que, neste caso, ademais é moi gratificante porque podemos contemplar a obra que se está formando, que está saíndo adiante e que están...
leer más 29/07/2015
A Delegación de Cultura do Concello de Foz anunciou o programa de mostras que acollerá a sala de exposicións do Cenima neste vindeiro mes de agosto e as dúas primeiras semanas de setembro. A primeira delas, de Enno Paulusma, é unha mostra pictórica que estará aberta aos visitantes entre o día 1 e o 14 deste mes. A segunda, titulada Ceramic Suite, é unha exposición colectiva de cerámica contemporánea que se inaugurará o 16 de agosto e estará aberta até o 15 de setembro.
O horario da sala de exposicións do Cenima é 11 a 14 horas e de 15 a 20 horas de luns a sábados.
16/07/2015
O concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña, presentou hoxe a programación cultural para os meses de verán, un calendario no que a música terá un lugar destacado.Tras a Feira do Libro e o Ribadeo Indiano, as propostas de ocio continúan tamén parellas á literatura e á historia, posto que este anos as XIII Xornadas de Historia Local, organizadas pola A.C. Francisco Lanza, estarán dedicadas á presenza de Ribadeo no universo literario. Celebraranse o 30 e o 31 de xullo.
A arte e as exposicións van ter un punto de referencia no forte de San Damián e na OMIC. “Imos poder ver exposicións ao longo de todo o verán. Onte, mércores 15 de xullo, inaugurouse a exposición de fotografías de Xosé Reigosa, titulada De Marbella a Torremolinos: imaxes de manicomio. Se teñen un...
leer más 15/07/2015
O forte ribadense de San Damián acolleu hoxe a inauguración dunha exposición de fotografías de Xosé Reigosa realizadas no hospital psiquiátrico de Castro de Rei. A mostra, titulada Entre Marbella e Torremolinos. Imaxes dun manicomio, pode visitarse ata o 29 deste mes.
Durante o acto inaugural o concelleiro de Cultura en Ribadeo, Farruco Graña, comentou que “as miradas das persoas que estaban sumidas no seu mundo particular e especial sempre foron unha característica da loucura. A mirada de Xosé Reigosa soubo captalas moi ben nesta exposición fotográfica que recolle a vida nun psiquiátrico por todos nós coñecido, porque probablemente pasáramos por alí en máis de unha ocasión camiño de Lugo e nos chamara a atención, primeiro o propio edificio: unha cousa moi singular, alí en...
leer más 14/07/2015
No Centro de Interpretación da Mariña (Cenima), de Foz, será inaugurada mañá, mércores, día 15 de xullo, ás 18:30 horas unha exposición titulada Peixes de tinta e barro.
A mostra, que estará situada na Sala de Exposicións do Cenima, trátase dun conxunto de pezas de cerámica e gravados monotipos de Ana Fuentes, Esteban Bernárdez e Esteban Fuentes. E estará aberta ao público ata o 31 de xullo.
14/07/2015
La Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro, tiene un stand en la Exposición APOSTOLUS: Feria Internacional de artículos, arte e itinerarios religiosos y culturales, en Santiago de Compostela, en el claustro bajo, zona CB del convento de San Martin Pinario. La muestra está abierta desde hoy y hasta el próximo viernes. La misma reúne al sector religioso cultural en el punto final del Camino de Santiago tan concurrido en estas fechas.
El Arzobispo de Santiago Monseñor Julián Barrio, calificó esta feria como “una hermosa perla”. Reúne la misma a profesionales del sector, cofradías, clero etc. Siendo visitada por miles de personas.
La Xunta de Cofradías en su trabajo incansable en pro de la Semana Santa de Viveiro, no regatea...
leer más 03/07/2015
O vindeiro martes, 7 de xullo, terá lugar a inauguración da exposición “De la atracción del color a la fuerza del trazo” da pintora Costafreda. Será ás 20:30 horas no Complexo Cultural Regal Xunqueira, en Viveiro.
A autora explica que “en esta ocasión, la exposición se compone de la selección de cuadros que me han definido durante los últimos 20 años, como son otoños, bosques, paseos muy coloristas y con inspiración oriental en su composición y como novedad, se pueden ver los últimos trabajos realizados con una técnica milenaria que es la pintura japonesa sumí-e.
En mi búsqueda de simplificar y mi atracción por la línea y la mancha, he dedicado estos últimos años a investigar y trabajar en...
leer más 19/06/2015
O Espazo Caritel é un proxecto que pretende ofrecer ao panorama cultural e turístico da Mariña a oportunidade de gozar da botánica e da arte contemporánea , así como incidir no desenvolvemento sostible da súa contorna. O itinerario visitable conta cun edificio que alberga unha sala de exposicións destinada a mostras temporais. O percorrido tamén permite ver o xardín (duns 3500 metros) de notable interese botánico. Destaca pola súa importancia a colección de camelias (formada por un cento de variedades). Tamén é salientable a abundante flora autóctona que contrasta con especies procedentes de todos os continentes.
Esta iniciativa, a tan só 200 metros da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, pretende facer dese recuncho de Foz, un lugar de especial relevo para os...
leer más 02/06/2015
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia, xunto co Concello de Foz, a través do Servizo de Normalización Lingüística da Concellería de Educación, que dirixe Mercedes González Alonso, promove a exposición titulada Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia. A mostra poderá visitarse no Cenima dende mañá, mércores, día 3, ata o 16 deste mes 10 a 14 horas.
A exposición leva aparellada unha actividade de dinamización complementaria que, co nome de Xincana Literaria, pretende achegar a vida e obra do persoeiro homenaxeado de xeito empático e interactivo á mocidade galega de hoxe. A xincana será o vindeiro 9 de xuño e nela participaran varios colexios de Foz.
25/05/2015
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira manterá aberta ata o vindeiro 30 de maio a exposición "As embarcacións tradicionais do arco Ártabro até Ribadeo".
A mostra pode visitarse en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde
(de 18 a 20 horas ). Atópase na sala de usos múltiples do Concello de Viveiro, na praza Maior.