Covas

Etiquetas:
15/02/2015
Pensamento e Sementeira organiza un debate arredor do estado do areal de Covas. Será o 27 de febreiro na Biblioteca Municipal de Viveiro.
 
O colectivo viveirés xa ten data para a celebración do debate arredor do estado actual do areal de Covas. Será o venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas, na sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior.
Segundo explican desde Pensamento e Sementeira "as modificacións que está a sufrir o areal son motivo de preocupación para a veciñanza. É por iso que organizamos este debate". No mesmo intervirán as seguintes persoas:
-Alexandre García, biólogo.
-Andrés Díaz Ferro, práctico do porto de Celeiro.
-J. Pino, capitán de pesca.
-Tamén se cursou un convite para participar no debate á Demarcación de Costas de Lugo...
leer más