Cine
19/02/2015
O Concello, en colaboración con Radio Burela, organiza a proxección da película A Esmorga. Será na Casa da Cultura este venres e este sábado.
O venres, 20 de febreiro, haberá pola mañá proxeccións para os institutos da localidade e ás 20:30 horas será o primeiro dos pases para todo o público. Xa o sábado, día 21, haberá dous pases un ás 17:30 horas e outro ás 20:30 horas. Antes deste segundo terá lugar un coloquio no que participará o director do filme Ignacio Vilar.
A Esmorga está protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”.
09/02/2015
O documental “Esta é a miña terra, Hebrón” (“This is my land Hebron”, Italia, 2010) de Giulia Amati e Stephen Natanson e a curta “Gaza-Londres” de Dima Hamdam, (Reino Unido, 2009) serán as películas que se proxectarán en Viveiro na segunda sesión do ciclo #PALESTINA o vindeiro mércores, 11 de febreiro. Esta mostra de cine, organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, e patrocinado pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, vén desenvolvéndose no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro, ás 20 horas, sendo a entrada libre até completar o aforo.
Segundo explican desde Pensamento e Sementeira “o documental de Giulia Amati e Stephen Natanson presenta a Hebrón, unha cidade de conflito e odio, un dos...
leer más 10/12/2014
O vindeiro venres, 12 de decembro, ás 12 da mañá terá lugar no Cine Teatro a proxección da película El camino de vuelta, dentro do programa Cinensino da Concellaría de Saúde e Servizos Sociais ribadense.Nesta edición participan os rapaces de 1o e 2o de ESO. En total 210 alumn@s e uns 20 titores e docentes do IES de Ribadeo e do colexio Sagrado Corazón. Tras visionar esta película El camino de vuelta o profesorado traballará durante uns días a unidade didáctica correspondente, segundo informa Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos do Concello. Ao longo do curso o alumnado verá e traballará con dúas películas máis.