CEMIT

Etiquetas:
04/10/2015
A Aula CeMIT de Barreiros oferta catro cursos de inclusión tecnolóxica a partir do 13 de outubro.
 
A Aula CeMIT de Barreiros acollerá ata final de ano catro cursos sobre novas tecnoloxías, dirixidos a todos os públicos. O primeiro deles, de Iniciación á Informática, de nivel 0, comezará a impartirse o 13 de outubro, e prolongarase ata o día 22. Do 27 de outubro ao 5 de novembro ofertarase o curso de Iniciación a Internet, de nivel 1; do 10 ao 19 de novembro ensinarase a utilizar o Correo Electrónico e Facebook, de nivel 2; mentres que do 24 de novembro ao 3 de decembro se impartirá o curso de Manexo de móbiles táctiles (smartphone).
 
Todos os cursos, totalmente gratuítos, se impartirán no mesmo horario, de 16.30 a 18.00 horas. As prazas son limitadas, polo que desde a Aula CeMIT animan a anotarse canto antes para poder acceder a...
leer más
12/01/2015
A aula CEMIT barreirense acolle dende hoxe un curso sobre administración electrónica. A actividade impartirase ata o 22 de xaneiro, en horario de 16 a 20 horas.

 

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Barreiros acollerá a partir da vindeira semana un curso sobre administración electrónica. A actividade comezará hoxe, luns 12 de xaneiro, e continuará impartíndose ata o 22 deste mes, en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas. Os interesados poden solicitar máis información ou realizar as súas inscricións na propia Aula Cemit de Barreiros, situada na estrada da praia no 1 (Teleclube San Cosme), no teléfono 639 87 66 71 ou a través do enderezo electrónico cemit.barreiros@xunta.es.

Segundo adiantou Manuel Pérez, axente TIC no Concello de Barreiros, "esta acción formativa está dirixida a difundir a oferta de servizos telemáticos da administración...

leer más
28/11/2014
Burela acollerá a partir deste luns un curso sobre novas tecnoloxías e emprendemento dirixido a mulleres. A actividade levarase a cabo ata o 10 de decembro na Aula CEMIT, en horario de 16 a 20 horas.

 

O Concello de Burela presentou hoxe unha nova actividade dirixida a mulleres, que se levará a cabo entre o 1 e o 10 de decembro. Trátase dunhas Xornadas Formativas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino. Están promovidas pola Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, e levaranse a cabo os días 1, 3, 5, 9 e 10 de decembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións da Aula CEMIT na Casa da Xuventude. As interesadas poden facer as súas inscricións no Centro municipal de Información ás Mulleres.

Dende a Concellería de Igualdade recordan que “esta actividade formativa non só está dirixida ás veciñas do municipio, senón tamén a todas aquelas mulleres que proceden dos...

leer más