Campañazo

Etiquetas:
07/01/2017
O 13 de xaneiro da comezo unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. Desenvolverase todos os venres ata o 3 de febreiro. E en total repartiranse 2.400 euros en premios.
 
O día 13 deste mes comeza unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. Desenvolverase todos os venres ata o 3 de febreiro e repartiranse un total de 2.400 euros en premios, que consisten en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao CCA focense.
 
Os sorteos serán ás once de noite e emitiranse en directo a través de Radio Foz, no 107.4 da FM. Cada venres haberá 300 euros en vales para o Campañazo e outros tantos para todos os demais cartóns premiados.
 
Nesta iniciativa do CCA de Foz participan os establecementos hostaleiros: Acuario, As Brasas, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Casa Maño, Costumes do Mar, Dandy, Fraggle Rock, Marexada, Pizzería Xoíña, Tangarte...
leer más
Etiquetas:
29/10/2016
 
En novembro chega unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En total vanse repartir 2.400 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Cada venres, os días 4, 11, 18 e 25, destinaranse 300 euros para o Campañazo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados. 
 
O Campañazo poderase seguir en directo a partir das once da noite a través de Radio Foz, no 107.4 da FM. Aquela persoa que cante o Campañazo deberá chamar rapidamente á emisora desde o local no que estea a seguir o sorteo. E o mesmo deberán facer o resto de premiados cada venres pola noite. 
 
Un total de 60 establecementos comerciais e hostaleiros participan no Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz. 
 ...
leer más
Etiquetas:
04/01/2016
A nova edición do Campañazo de Acia/CCA de Foz, que arrinca o 8 de xaneiro, repartirá 2.400 euros en vales de compra durante este mes.
 
Este venres, 8 de xaneiro, da comezo unha nova edición do Campañazo que organiza ACIA/CCA de Foz e na que participan 64 firmas comerciais asociadas. Desde a directiva do CCA o seu presidente, José Carlos Paleo, lembra que “o sorteo, que da comezo ás once da noite, hai que seguilo nalgún dos 20 locais hostaleiros que participan con nós nesta consolidada cita e hai que apurarse a chamar a Radio Foz si alguén canta cartón. O primeiro levará 300 euros e teremos outros 300 euros para repartir entre o resto dos cartóns premiados”. 
O Campañazo terá lugar os días 8, 15, 22 e 29 de xaneiro. Cada noite poranse en xogo 600 euros, o que fai un total de 2.400 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto focense. 
... leer más