Campamento
25/09/2015
A asociación Chao de Castro- Altair regresa coas súas propostas de lecer educativo para nenos e nenas entre os 7 e os 17 anos. A programación desenvólvese todos os sábados de 16 a 19 horas na Casa da Xuventude de Burela con accións lúdicas que permiten espertar a creatividade e fomentar a convivencia e o respecto polas persoas e o territorio. Este mesmo domingo, ás 19 horas, celebrarase unha reunión informativa coas familias na Casa da Cultura de cara ao Campamento de Outono que o colectivo organiza entre o 2 e o 4 de outubro en Ons (Brión).
“Chao de Castro- Altair aporta un espazo para gozar e aprender, espertar a creatividade, as habilidades e destrezas, en contacto coa natureza e o aire libre, baseado na pedagoxía do proxecto e da acción”, explica o seu coordinador,...
leer más 17/03/2015
Lourenzá acollerá diversas actividades para rapaces de 7 a 17 anos este sábado, día 21, e do 28 de marzo ao 1 de abril. Están organizadas pola asociación Chao de Castro-Altair e contan coa colaboración do Concello, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez.
A edil popular sinalou que “desde o Concello de Lourenzá vimos de colaborar coa asociación Chao de Castro-Altair na realización dunha actividade de grande acampada, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de marzo, na praza do Conde Santo. Trátase dun xogo de acampamento e pistas, que terá como escenario distintos lugares significativos da nosa vila”.
Lupe Flórez dixo que “o Concello colabora con dita asociación na cesión de espazos e...
leer más