A asociación Camiña organiza un taller de Samaín e unha cea baile benéfica o 26 de outubro en Burela

A asociación comarcal de nais, pais e titores de persoas con discapacidade da Mariña lucense Camiña organiza un taller de Samaín e unha cea baile benéfica para o día 26 de outubro, sábado, en Burela.

O taller de Samaín é para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e desenvolverase de 11 a 13 horas.

E a cea baile benéfica será no hotel restaurante Nordés e comezará ás 22 horas. “O prezo será de 35 euros (30 para a cea e 5 de donativo para a asociación). Contaremos coa colaboración de Dj Beto,que amenizará a noite. As entradas están dispoñibles tanto en Camiña A Mariña coma no hotel restaurante Nordés. Non esquezas facer a túa reserva con antelación”, explican desde Camiña.