Burela
07/07/2016
O salón de plenos acolleu a presentación do II Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que se disputará do 18 ao 31 de xullo. Está organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa e conta coa colaboración do Concello.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o día 14 nos seguintes teléfonos 630 744 347 ou 687 433 380 ou tamén no correo electrónico clubdetenispadelamarosa@outlook.com
O torneo disputarase nas seguintes categorías: individual masculino, individual feminino e dobres masculinos. Os prezos de inscrición para socios e non socios oscilan entre os 3 e...
leer más 07/07/2016
A asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o vindeiro sábado, 9 de xullo, a sétima etapa do Camiño Norte desde Baamonde ata Miraz.
Esta etapa terá unha distancia de 15 quilómetros e a saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25 euros para os que non o son e inclúe autobús, comida e máis seguro.
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves, día 7, ás 20:00 horas.
04/07/2016
A Concellería de Cultura organiza o III Rastro de Segunda Man o 23 de xullo. Este ano será soamente en horario de mañá de 10:00 a 15:00 horas.
O edil José Díaz anunciou que “la Delegación de Cultura del Concello de Burela decide organizar el III Rastro de Segunda Mano, que tendrá lugar el día 23 de julio en horario de mañana”.
O concelleiro de Cultura lembrou que “los que tuvimos el año pasado tuvieron muy buena respuesta de público, muchísimas visitas y muchísimas ventas de productos de segunda mano de gente del concello, que decide aprovechar este evento para poner a la venta cosas que tenemos todos en casa, que no utilizamos o que están ahí...
leer más 01/07/2016
A Escola Municipal de Música de Burela acolle o VII Curso Interdisciplinar de Música, que se celebrará do 4 ao 8 de xullo. Dentro deste curso que se desenvolverá entre as 10:00 e as 14:00 horas, haberá un taller infantil no que poderán participar todos os nenos desde 4 anos. É de balde e terá lugar de 10:00 a 11:30 horas. O Curso Interdisciplinar de Música achegará aos asistentes, arredor de 100, á ópera.
O director do curso e da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, manifestou que “con esta cita esquecemos un pouquiño a traxectoria do inverno, onde hai uns estudos más regulados e dedicámonos a facer este curso como unha mera actividade lúdica, sen esquecer o primeiro obxectivo que é o pedagóxico”.
... leer más 30/06/2016
O auditorio municipal de Burela acollerá o 15 de xullo o espectáculo titulado Monólogos y Locuras de Nacho García e JJ Vaquero.
Desde a Concellería de Cultura informan de que “despois de ter gozado recentemente do humor de Luis Piedrahita, o 15 de xullo chega a Burela o dúo de titáns JJ Vaquero e Nacho García co espectáculo Monólogos y Locuras”.
José Juan Vaquero é coñecido pola súa sección dentro do programa televisivo El Hormiguero, Las Verdades de Vaquero. Nacho García foi reporteiro na última tempada do programa televisivo Caiga quien Caiga. Ámbolos dous son habituais da canle Paramount Comedy.
28/06/2016
O grupo Modestia Aparte ofrecerá un concerto en Burela o vindeiro 22 de xullo a partir das once da noite no auditorio municipal, segundo informa a Concellería de Cultura.
Modestia Aparte é un grupo de pop rock español que se deu a coñecer a finais da década dos 80 e principios dos 90 con traballos como Cosas de la edad, Levántate, Historias sin importancia, etc. En 1994 aparecía un disco recopilatorio no que a banda se despedía. Anos máis tarde ábrese un segundo período para esta formación, que se iniciaba no ano 2002 e que discorre ata a actualidade. Modestia Aparte está formada por Fernando López, Javier Portugués, Iñaki Quijano e Carlos Palma.
Os...
leer más 23/06/2016
A ED Burela FS xa ten aberta a matrícula 2016-17 para nen@s de entre 4 e 13 anos. A escola laranxa acollerá os grupos de Iniciación, Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. O prazo estará aberto ata o martes 30 de agosto.
A inscrición e pago de matrícula realizaranse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.
Un ano máis, as familias que matriculen...
leer más 22/06/2016
O Concello reeditará o libro de Ricardo Pena Domínguez "Burela: Apuntes históricos y crónica del siglo XX". Nesta reedición colabora a Deputación Provincial e sairá cunha tirada inicial de 500 exemplares.
O alcalde, Alfredo Llano, contou que “foi hoxe un día de satisfacción porque tivemos oportunidade de falar coa familia de Ricardo Pena, que foi o noso Cronista Oficial hai tempo aquí en Burela, e que escribiu un libro que está moi interesante e que se titula Burela: Apuntes históricos y crónica del siglo XX”.
O rexedor subliñou que “había unha demanda moi grande en Burela. De feito cando se fixera a primeira edición enseguida se esgotou. Agora...
leer más 22/06/2016
A axenda cultural da fin de semana en Burela inclúe este venres, 24 de xuño, un concerto de Manolo Couto no auditorio municipal e unha verbena coa orquestra Fénix, para celebrar o San Xoán, na rúa Eijo Garay mañá, xoves, a partir das doce da noite.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explica que “este viernes, día 24, tenemos una actuación musical en el auditorio municipal. Es Manolo Couto, cantautor que también hace versiones de música gallega tradicional, de rumbas, boleros y pasodobles. Lo tendremos en una actuación gratuíta a partir de las ocho y media de la tarde”.
José Díaz engade que “para celebrar la noche de San Juan tenemos prevista una...
leer más 21/06/2016
O vindeiro sábado, día 25, a Asociación Pasada das Cabras de Burela vai celebrar o día do socio facendo a ruta de subida ó Monte Castelo. A saída será ás 10 da mañá da Praza da Mariña e o chegar o Monte Castelo faráse unha comida de confraterrnidade na explanada totalmente gratuita para os asistentes que fagan a ruta.
Para asistir á comida é imprescindible recoller o ticket en Gráficas Arfe antes do xoves día 23