O Freixo dos Lobos e o Concello de Alfoz organizan para o sábado día 20, a ruta da Pena Abaladoira.
A saída en bus desde o Castelo do Castrodouro será ás 9:00 horas cara O Pereiro desde onde comezará o ascenso a pé á Pena Abaladoira. O regreso está previsto para as 13:00 horas.
O prezo é de 5 euros para adultos e 3 euros para menores de 18 anos. As prazas son limitadas e a reservas poden facerse ata o venres 19, nos números de teléfono 982 558 578 ou 666 372 403.
No trazado do percorrido cunha lonxitude de 8 quilómetros e dificultade media, os participantes poderán gozar de espectaculares paisaxes e da fauna e flora características destes ecosistemas montañosos.
A Pena Abaladoira é un bolo granítico de grandes dimensións situada nun paraxe natural pertencente á Serra do Xistral. A súa historia remóntase á época megalítica e está relacionada cos cultos de fertilidade.