Do 1 ao 31 de outubro poderase visitar en Mondoñedo unha exposición de fotografías sobre a tradición cabalar na cidade. Está promovida pola asociación As San Lucas.

Do 1 ao 31 de outubro poderase visitar en Mondoñedo unha exposición de fotografías sobre a tradición cabalar na cidade. Está promovida pola asociación As San Lucas.
 
Mondoñedo acollerá durante o mes de outubro, no Centro Comarcal, unha exposición de fotografías representativas da tradición cabalar que ten a cidade, a través de imaxes tomadas durante as feiras e festas das San Lucas e a rapa das bestas do Campo do Oso.
 
A mostra, que se desenvolve baixo o titular de Homes e Bestas. Tradición cabalar en Mondoñedo, conta cun total de 40 imaxes, seleccionadas entre as máis de 3.000 fotografías dos profesionais José María Álvez e Sergio López Maseda.
 
A inauguración da exposición, que os interesados poderán visitar entre o 1 e o 31 de outubro, será este sábado, ás 20.00 horas. A iniciativa está promovida pola Asociación As San Lucas, organizadora das feiras e festas das San Lucas e das Quendas.