Coa cea de comadres arrinca este venres, 5 de febreiro, o Entroido en Ribadeo. A comisión organizadora anima a participar nas actividades programadas ata o 13.

Coa cea de comadres arrinca este venres, 5 de febreiro, o Entroido en Ribadeo. A comisión organizadora anima a participar nas actividades programadas ata o 13.
 
Coa cea de comadres arrinca este venres, 5 de febreiro, o Entroido en Ribadeo. A comisión organizadora anima a participar en todas as actividades previstas ata o 13, xornada na que se celebrará a tradicional Queima.  
 
Desde a comisión organizadora sinalan que “agora que o calendario nos deixou unhas semaniñas para recuperarnos das festas  de Nadal toca coller folgos para as xornadas de Entroido. A Comisión de Carnaval de Ribadeo xa ten listos os preparativos. Segundo os historiadores os vestixios máis antigos de Entroido datan de fai 5000 anos cos sumerios e os exipcios, pero esta festividade foise reinventando co devir do tempo ata que cada pobo acadou as súas propias costumes e tradicións. Así, todas as persoas que participen no Entroido de Ribadeo deixarán un pouquiño delas na historia e tradición da vila”.
 
O Entroido Ribadeo ven cargadiño de sorpresas nesta ocasión: “comezará coa Cea de Comadres, novidade este ano, na que poderemos encher o  bandullo e coller forzas para a II Gala do Entroido, que xa amosou un nivelazo na súa anterior edición, e desta promete non decepcionar”.
 
Os organizadores explican que “o domingo, mantendo as boas costumes o noso querido porco sairá a pasear polas rúas da vila,  tamén volverá a haber un baile infantil para os máis cativos, e  nesta ocasión unha nova xeración collerá protagonismo, xa que por primeira vez realizarase un baile xuvenil sen alcohol para as mozas e mozos, no que tamén poderán participar nun concurso de Instagram, e quen sabe, pode que de aquí saia unha nova tradición”.  
 
Para a comisión organizadores “merecen unha especial atención as mascaritas, o disfraz máis enxebre da vila, que contará cun premio especial no desfile do martes de Entroido. Para rematar este viaxe teremos a espectacular queima do Entroido, unha tradición que naceu como sátira dos xuízos da inquisición, e que este ano contará cunha especial sorpresa. Por sorte, para poder vivir as celebracións coa máxima enerxía poderemos comer o cocido típico do Entroido  nos establecementos ribandenses adheridos”.
 
E engaden: “e se o estades pasando ben non esquezades participar no concurso das redes sociais, xa que así encheredes un baúl de recordos virtual, que sempre vos sacará un sorriso. Desta maneira conseguiremos afastar o ocaso desta bonita e antiga tradición”.