Beiras de Viveiro organiza a campaña "Merca en Covas, Tapas e Copeo", que se desenvolverá todos os xoves do mes de outubro. Haberá tapas a 1,50 euros, descontos e o sorteo semanal de 100 euros.

Beiras de Viveiro organiza a campaña "Merca en Covas, Tapas e Copeo", que se desenvolverá todos os xoves do mes de outubro. Haberá tapas a 1,50 euros, descontos e o sorteo semanal de 100 euros.
 
A asociación de hostalería e comercio Beiras de Viveiro leva a cabo a campaña Merca en Covas, Tapas e Copeo.
 
Todos os xoves de outubro poderanse degustar tapas por 1´50 euros e mercar nos establecementos comerciais con grandes descontos ademais de gozar coas copas nos locais de ocio. Tamén se sortearán 100 euros semanais con dous vales de 50 euros.
 
Os establecementos hostaleiros que participan nesta iniciativa son Os Píos, Sixties, A Gruta, Nordés, O Mesón, Fórum, Punto Galego, Parrillada Tomás, Dékada, Galipizza, Tixolas, Low Cost Bar, Aquitania, Nautae, Temple e Flanagans.