A pasada semana tivo lugar en Barreiros a presentación das Finais Provinciais de Fútbol Sala en categoría benxamín e alevín, organizadas polo Praias de Barreiros C.D.
Julio Rocha e Alfonso Fernández, directivos do Praias de Barreiros, estiveron acompañados na presentación por Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo e por Alfonso Fuente, alcalde de Barreiros.
As Finais Provinciais de fútbol sala en categoría benxamín e alevín disputaranse o próximo sábado 25 de abril no Pavillón Municipal de Barreiros. As semifinais de ambas categorías terán lugar ó longo da mañá, dende as 10:00 ás 13:00 horas. Pola tarde disputaranse os partidos polo terceiro e cuarto posto e as finais de categoría alevín e benxamin. A entrega de trofeos terá lugar ás 20:30 horas.