A XII Semana de Música Xosé Alonso celebrarase na basílica de San Martiño, en Foz, do 28 de marzo ao 5 de abril.

A XII Semana de Música Xosé Alonso celebrarase na basílica de San Martiño, en Foz, do 28 de marzo ao 5 de abril.
 
O concelleiro de Cultura en Foz, Ánxel Paleo Soto, anuncio que “o día 28 de marzo, sábado, darán comezo os concertos da XII Semana da Música Xosé Alonso na basílica de San Martiño, sendo o pistoletazo de saída dos actos da Semana Santa que organiza a Confraría do Desencravo nesta parroquia. O primeiro concerto correrá a cargo da Coral Polifónica de Foz o sábado 28 ás oito da tarde; o domingo 29 ás 13 horas farao Son de Nós; o mércores 1 de abril ás oito da tarde haberá concerto da coral Aleceia; o Venres Santo o acto das Sete Palabras estará acompañado polo coro parroquial de Foz e Manuel Prada, da Escola de Música de Foz, e a continuación terá lugar o Desencravo e a procesión co acompañamento da Banda de Música de Foz; e para rematar o Domingo de Pascua haberá un concerto do grupo Lucus Esamble. Todos estes concertos serán na propia basílica, que é un lugar idóneo e inmellorable para este tipo de actos, e farán que a Semana Santa de San Martiño encha de vida esta parroquia”.
Ánxel Paleo rematou agradecendo “a toda a xente da confraría o seu traballo e dedicación para manter esta tradición xa arraigada no noso concello e en concreto na parroquia de San Martiño”.