A XII Ruta das Tapas de Foz terá lugar do 2 ao 4 de abril en dezaoito locais hostaleiros.

A XII Ruta das Tapas de Foz terá lugar do 2 ao 4 de abril en dezaoito locais hostaleiros.
 
Foz celebrará a décimo segunda edición da Ruta das Tapas os días 2, 3 e 4 abril. Dezaoito locais hostaleiros ofrecerán durante esas xornadas as súas creacións. Os que se acheguen a Foz eses días poderán saborear as tapas de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas, segundo explican desde ACIA/CCA Foz. 
O prezo das tapas será de 1,5 euros. A directiva de ACIA/CCA Foz, que presentou o evento nas últimas horas, anima a achegarse á localidade da Semana Santa “para disfrutar desta cita coas tapas que atoparán nos bares, mesóns e restaurantes, e para visitar o noso patrimonio histórico e a nosa riqueza paisaxística”.
A continuación achegamos o listados dos locais participantes e as súas tapas:
A Funcional: Ensalada Machu Picchu; A Maseira: Salteado de pulpo en Parmentier; A Rula: Brocheta de pulpo; Bar 78: Desayuno montañés; Anduriña: Gelée de albariño sostendo unha salsa de marisco e algas con pescada, rematada con triscante de gambas; Happy Days: Bacalao bonfá; May-Ross: A nosa tosta; Costumes do mar: Empanadillas porteñas; Xoyma: Fusión ibero-tropical; Fraggle Rock: Bacalao confitado en crema de pimentón y su pil-pil; Conors: Ensaladilla primavera; Namarinos: brocheta de mar; O Muelle: Niguiri de tartar de sargo con ajetes tiernos; O Náutico: Escalera de pulpo en sabores; O Sera: Ceviche de navajas; O Tangarte Mariñeiro: Suprema de bacalao na praia da Rapadoira; O Tangarte: Isla perdida; Dandy: Brocheta de pulpo con crema de langostinos.