A Casa da Cultura do Valadouro acolle este sábado, 10 de outubro, ás 17 horas unha charla sobre a vespa velutina.

A Casa da Cultura do Valadouro acolle este sábado, 10 de outubro, ás 17 horas unha charla sobre a vespa velutina.
 
A Concellaría de Cultura do Valadouro, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), organiza para este sábado, 10 de outubro, unha charla sobre a vespa velutina e as medidas de control desta praga invasora. O encontro terá lugar na Casa da Cultura de Ferreira ás 17 horas.
O programa da actividade inclúe nocións sobre o ciclo de vida e o comportamento da velutina, os colectivos afectados pola súa presenza, como comportase ante a presenza de niños, dispositivos de control, colocación de trampas para capturar as raíñas fundadoras na primavera, eliminar niños no verán e outono e os protocolos para facelo. Ademais, haberá unha demostración práctica da elaboración de trampas e atraentes para capturar as raíñas de velutina. 
A charla vai dirixida a todos os interesados na cuestión, especialmente aos apicultores e apicultoras que queiran aprender e poñer en prácticas medidas de control nas súas colmeas.