A biblioteca municipal de Foz convoca o XVI Certame de Poemas de Amor con motivo de San Valentín. O prazo para presentar os traballos está aberto ata o 23 de febreiro.

A biblioteca municipal de Foz convoca o XVI Certame de Poemas de Amor con motivo de San Valentín. O prazo para presentar os traballos está aberto ata o 23 de febreiro.
 
A biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca a décimo sexta edición do Certame de Poemas de Amor con motivo de San Valentín. O prazo para presentar os traballos está aberto ata o 23 de febreiro.
 
Nas bases do concurso explícase que hai tres modalidades: infantil (ata 12 anos de idade), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adultos (a partir de 19 anos). Tamén se indica que os poemas deben estar escritos preferentemente en galego e que deben entregarse na biblioteca municipal focense ou a través do correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.
 
Os premios son os seguintes: 1º e 2º Infantil, lote de libros máis agasallo; 1º Xuvenil, 50 euros e cea; 2º Xuvenil, 30 euros e cea; 1º Adultos, 100 euros e noite de hotel; 2º Adultos, 60 euros e cea. A entrega destes premios será nun acto que se celebrará o día 4 de marzo ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
 
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, agradece “a colaboración indispensable do restaurante Casa Maño, que doa tres ceas, e de Construcciones y Canalizaciones Saa, pola noite de hotel, que temos como premios”.
 
A edil engadiu que este concurso é “un clásico da biblioteca pública municipal que sobrevive aos certames máis dixitais, apostando pola letra e a palabra escrita sobre papel como exercicio dialéctico. Animamos a participar a todos aqueles que teñan inquedanzas poéticas e románticas; é unha boa escusa para dicir e transmitir”.