A asociación de veciños Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza unha viaxe e un cocido na Fonsagrada. Será o vindeiro 22 de marzo. O colectivo ten xa programadas outras actividades en abril.

A asociación de veciños Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza unha viaxe e un cocido na Fonsagrada. Será o vindeiro 22 de marzo. O colectivo ten xa programadas outras actividades en abril.
 
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza unha viaxe e un cocido na Fonsagrada, que terá lugar o 22 de marzo. As persoas interesadas poden apuntarse no Local Social de Trasbar ou no enderezo electrónico da asociación (burgodetrasbar@yahoo.es). O prezo de inscrición é de 25 €/socio. As persoas que non sexan socias pagarán 35 €/persoa. Nos dous casos inclúe xantar e transporte. O prazo límite para apuntarse: domingo, 15 de marzo.
Burgo de Trabar xa ten programadas varias actividades para o vindeiro mes de abril: a festa da pascua, que será o día 5; o maratón de tute, que comezará o día 11; así coma unha charla sobre seguridade, prevista para o 15. 
A asociación de veciños celebrou unha centolada o sábado pasado, o 7 de marzo. E ten en marcha desde hai meses outras actividades coma a ximnasia de mantemento os martes e os xoves de 19 a 20:30 horas, a través do programa Movémonos da Deputación; o campionato de tute, que comezou o 18 de outubro; o campionato de parchís, que se iniciou o 10 de xaneiro; e a recollida de alimentos non perecedoiros, tapóns e roupa, que os interesados poden deixar no Local Social de Trasbar.