A 6ª Festa da Cociña Afrodisíaca celebrarase en Foz os días 13 e 14 de febreiro, organizada polo Centro Comercial Aberto.

A 6ª Festa da Cociña Afrodisíaca celebrarase en Foz os días 13 e 14 de febreiro, organizada polo Centro Comercial Aberto.
 
Foz acollerá os días 13 e 14 de febreiro a 6ª Festa da Cociña Afrodisíaca, que organiza o Centro Comercial Aberto. Os 26 locais participantes ofrecerán tapas elaboradas con produtos como chocolate, fresas, améndoas, anís, canela, ostras… Son: A Funcional, A Soalta, A Viela, As Brasas, Bar 78, Acuario, Anduriña, Express, Happy Days, Mayross, Casa Damián, Casa Maño, Portovello, Regata, Costumes do Mar, Fraggle Rock, Buda, Marexada, O Paseo, O Lar de Bustos, O Norte, pizzería Xoíña, Fina, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón e Xoyma. 
 
Desde a directiva de ACIA/CCA de Foz explican que “os que se acheguen a Foz á 6ª Festa da Cociña Afrodisíaca poderán degustar as tapas que atoparán na hostalería participante. Haberá propostas moi orixinais tanto salgadas como doces. De feito as confeiterías Xoyma, Anduriña e Amarena ofrecerán tamén o seu doce especial afrodisíaco para estas datas, que venderán ao prezo dun euro”. 
 
Hoxe tivo lugar a presentación da 6ª Festa da Cociña Afrodisíaca e do doce que elaborarán as confeiterías. 
 
No Centro Comercial Aberto focense lembran que “nos establecementos asociados atoparán todo o que precisan para agasallar as súas parellas o día de San Valentín e todos os días do ano. Ademais si empregan a tarxeta do comercio de Foz, xa saben que poden acumular descontos para vindeiras compras”.