Terras de Lourenzá realizará a ruta Senda do Arenteiro, por Ourense, o 14 de novembro. Será a penúltima da camiñatas deste 2015.

Terras de Lourenzá realizará a ruta Senda do Arenteiro, por Ourense, o 14 de novembro. Será a penúltima da camiñatas deste 2015.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá desprazarase o vindeiro 14 de novembro á provincia de Ourense para realizar a ruta Senda do Arenteiro, a penúltima das camiñatas que programarán neste 2015. 
 
Trátase dun percorrido lineal, de 12 quilómetros e dificultade media-baixa, que os levará dende Carballiño ata Pazos de Arenterio, seguindo o curso do río, e que lles permitirá gozar, non só de fermosas paisaxes naturais en pleno outono, senón de diversas belezas arquitectónicas. 
 
A saída de Lourenzá está prevista para as 7 horas da mañá dende o Cantón de Vilanova. O prezo é de 35 euros para socios e de 40 euros para non socios en el inclúese o transporte en autobús, así como a comida, que realizarán no restaurante-pulpería A Fuchela. 
O prazo para anotarse remata o 12 de novembro. As inscricións poden realizarse en dous números de teléfono, no 636 49 64 48 (Marifé) ou no 636 67 95 12 (Pepe), así como o correo terrasdelourenza@gmail.com