Campaña

Etiquetas:
13/03/2025

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste venres, 14 de marzo, a campaña do dia do pai co sorteo de 300€ e regalando instantáneas de pais e fill@s. 

Desde o CCH explican que “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e para conmemorar o día do pai organizamos a campaña Unha foto con Papá”. 

E seguen a relatar: “o xoves 20 de marzo e o venres 21 instalaremos un estudio fotográfico na Sala de Exposicións da Biblioteca municipal. Alí realizaremos unha sesión de fotos a tódolos pais que se acheguen cos seus fillos/as ou incluso a tres xeracións xuntas: avós, fillos e netos. Os días posteriores poderán seleccionar e encargar a foto que mais lles guste e levala totalmente gratis. O único requisito...

leer más
Etiquetas:
05/03/2025

O mellor para papa é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 6 ao 19 de marzo. Acisa sorteará tres premios: unha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, unha experiencia de desconexión de noite e almorzo a escoller entre máis de 1.500 destinos para dúas persoas e unha cea para dúas persoas no restaurante La Solana.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña do dia do pai na que imos sortear unha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, unha experiencia de desconexión de noite e almorzo a escoller entre mais de 1.500 destinos para dúas persoas e unha cea tamén para dúas persoas no...

leer más
Etiquetas:
06/01/2025

O Concello do Vicedo anuncia que este xoves, día 9 de xaneiro, “vai haber unha nova edición da campaña da Consellería do Mar Galicia Sabe a Mar. Trátase dunha iniciativa para promocionar o consumo de peixe e para iso a furgoneta da campaña estará instalada nas inmediacións da Casa da Cultura en horario de mañá e tarde e poderedes probar algún dos 10 pinchos distintos da campaña totalmente gratis”.

Etiquetas:
04/09/2024

O Concello porá en circulación 260.000 panchas para trocar nos establecementos adheridos á campaña, que foi presentada esta mañá. No acto participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como Mª Esther García, ADL do Concello.

O rexedor declarou que “Ribadeo aposta pola Pancha, Ribadeo aposta pola moeda local para apoiar o comercio local, o comercio de proximidade. Vamos poñer en circulación 260.000 panchas para cambiar nos establecementos comerciais, tamén na hostalería do noso concello, que se adhiran á campaña. Polo tanto, estamos apostando polo comercio local, polo comercio de proximidade”.

Vega lembrou que “partíamos dun orzamento de 55.000 euros, subimos a 85.000 euros, hai un incremento orzamentario, dado que...

leer más
Etiquetas:
28/03/2024

Acisa e o Ribadeo FC únense para poñer en marcha unha nova campaña na que sortearán 800 euros en vales de compra. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que “con esta campaña o Ribadeo FC pretende recadar fondos para a súa entidade e Acisa premiar aos gañadores do sorteo con vales de compra para poder usar no comercio e na hostalaría asociados. Para participar é necesario comprar algunha das rifas que dende o Ribadeo FC poñerán á venda dende hoxe. E importante destacar que os ingresos producidos pola venda das rifas son integra e exclusivamente para o Ribadeo FC. O prezo de cada rifa é de 2 euros. As editadas están numeradas do 1 ao 3.000. Queda reservado á organización o dereito de ampliar o numero de rifas editadas para a realización do sorteo en caso de que as ventas sexan exitosas. As rifas poderán mercarse desde hoxe e ata o...

leer más
Etiquetas:
03/01/2024

A programación especial comeza a partir das 19:00 horas coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, organizada pola Asociación Ledicia. A continuación, a partir das 20:00 horas chega a cita máis doce do Nadal, a Rosconada e Chocolatada que terán agachados 70 premios que son: 5 patinetes, 10 balóns de fútbol, 12 balóns de fútbol sala, 10 balóns de baloncesto, 1 tablet, 2 kits gaming, 1 silla gamer, 10 botellas de aceite, 2 bufandas, 1 Nintendo Switch, 6 mini batidoras e 10 cascos. Ademais, haberá roscón sen gluten e chocolate sen lactosa para que ninguén se perda esta cita. Os tíckets para degustar esta Rosconada e Chocolatada estarán á venda a partir das 18:00h, o prezo será de 2 euros por ración. 

Dende Acia Burela queren amosar o seu profundo agradecemento a Distribuciones Carreira pola doazón do chocolate, e facer unha especial mención á...

leer más
Etiquetas:
13/12/2023

A Asociación de Comerciantes,Industrias e Autónomos de Burela organiza diversas actividades para dinamizar as vendas arredor da campaña “Xuntos facemos Nadal”.

Unha das iniciativas para estas semanas de compras é o “Concurso de Decoración de Nadal”, os locais asociados que desexen participar deberán
decorar os seus espazos con ambientación de Nadal e sacarlle unha fotografía para subir ás redes sociais da Asociación. O concurso ten dúas modalidades, unha para o sector comercio/servizo local e outra para os establecementos de hostalería da vila que poderán optar a catro premios un outorgado a través dos votos en redes sociais e outro por valoración do xurado, de 150 euros cada un. O xurado estará formado por representantes de asociacións locais.

Outra das actividades do “Xuntos facemos Nadal” será o reparto...

leer más
Etiquetas:
11/10/2023

A Pancha, a moeda de Ribadeo, entrará en circulación o vindeiro domingo, 15 de outubro. Máis de 100 negocios locais participan na quinta edición desta campaña, segundo os datos ofrecidos hoxe polo alcalde, Dani Vega. 

O rexedor dixo que “dende este domingo, 15 de outubro, e ata o 31 de decembro un total de 200.000 Panchas estarán dispoñibles para que todos os consumidores merquen e consuman en máis de 100 establecementos de comercio e de hostalería do noso Ribadeo”.

Vega lembrou que “coma en edicións anteriores, a compra e uso da moeda é mediante o Panchapeto, o moedeiro dixital habilitado para a campaña. O moedeiro adquírese a través da web www.pancharibadeo.gal, onde tamén poden atopar toda a información referente a esta campaña”. 

O alcalde...

leer más
Etiquetas:
30/09/2023

Os establecementos comerciais e hostaleiros que queiran adherirse á quinta edición da moeda local de Ribadeo poderán facelo do 1 ao 10 de outubro. O Concello porá en circulación 200.000 Panchas, que se poderán empregar nos negocios desde o 15 de outubro ao 31 de decembro. A nova campaña da Pancha foi presentada esta mañá nas Catro Rúas. 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “hoxe presentamos a campaña das Panchas, a nosa moeda local. Estamos tremendamente orgullosos de volver facer esta actividade de reforzo da nosa estrutura económica local. É un compromiso por parte do Concello de apoio a todo o tecido económico da nosa vila. Son 80.000 euros de reforzo e esta é unha boa forma de activar a economía local”. 

O rexedor convidou a facerse coas Panchas e a mercar con elas: “invitamos a todos os visitantes a comprar as...

leer más
10/02/2023

Baixo o lema “Namórate do comercio local” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir do 10 de Febreiro a campaña de San Valentín 2023.

Explican que “realizaremos un sorteo moi divertido nesta campaña, xa que os premios a gañar son 3 Kits de “Como sobrevivir a San Valentín si esqueciches mercar un agasallo. O xeito de conseguir un destes 3 Kits será moi sinxelo. Colocamos un Photocall de corazóns xunto cun banco de madeira que indica “Bícame aquí”, para que a xente se sente e saque fotos divertidas e amorosas. O lugar onde está ubicado o photocall é a Praza Maior de Viveiro. Despois terán que subir as fotos xunto cun ticket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV á web https://viveirocentro.com/sorteo-san[1]valentin/ ou escaneando o código QR que está no...

leer más