Mercado da Ilusión

21/12/2015
A programación de Nadal de Foz inclúe teatro infantil, música na rúa, unha foliada e o tradicional Mercado da Ilusión.
 
O Concello de Foz ten preparada unha completa programación de Nadal para os vindeiros días con teatro infantil, música na rúa, unha foliada de Nadal e o tradicional Mercado da Ilusión, tal e como anunciou a concelleira de Cultura, Silvia Bach.
 “O xoves, 24 de decembro, ás 12 horas, polas rúas da vila teremos a visita de Papá Noel, que sairá dende a Casa da Cultura no seu trineo, fará un paseíño por todas as rúas e chegará ata a Casa do Concello de Foz. É un evento que organiza o Concello xunto ao Feitizo. O xoves, 24 de decembro, á mesma hora na rúa Xoan Montes teremos o Concerto de Nadal na Rúa dos nenos e nenas da Escola Municipal de Música. O venres, 25 de decembro, ás 20 horas na igrexa parroquial, imos ter o tradicional concerto de Nadal da Banda Municipal de Música...
leer más