electrónica
Desde a organización sinalan que “o próximo día 30 de xullo volveremos ter unha cita nos Xardíns de Viveiro para disfrutar de balde dalgúns dos mellores artistas de electrónica e urbano”.
O cartel estará formado por Mark Broom, Bárbara Lago, Chica Gang, Drea, Karras Martínez, Soffmm, Adrián Roma, Llonas, Edmuk JP
E explican: “despois da paraxe provocada polo COVID-19, a 5ª edición do festival de música eletrónica ETHER - An Electronic Odyssey será nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro no día 30 de xullo. A localización do festival terá lugar nun enclave único: entre a histórica Porta de Carlos V e a beleza da ría de Viveiro. O festival será gratuíto e os asistentes poderán desfrutar dos DJ sets a partir das 13:00. Se isto non fora suficiente, en Viveiro e a súa contorna hai extensas praias e montañas para os...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza un ciclo de seminarios sobre Administración Electrónica, que se celebrarán os días 6, 11 e 18 de febreiro.
Estes seminarios serán emitidos desde a aula a través de vídeo conferencia. As prazas son limitadas e para participar é preciso facer a inscrición na web do CeMIT, na propia Aula CeMIT ou no número de teléfono 982 120 732.
O ciclo dará comezo o 6 de febreiro co seminario Como obter a túa sinatura dixital (FNMT). Desenvolverase en horario de 10:30 a 11:30 e abordaranse cuestións como que é a sinatura dixital, como obtela, as súas utilidades e como verificar un documento asinado dixitalmente.
O segundo seminario será o 11 de febreiro, de 10:30 a 11:30 horas e tratará sobre Como usar o DNI electrónico e o DNI 3.0 (lector e smartphone). A...
leer más