Cecilia F. Santomé
Este xoves, día 24 de abril, ás 20:30 horas estará na librería Bahía, de Foz, a autora Cecilia F. Santomé nun coloquio arredor da súa última novela, titulada As despedidas. O encontro enmárcase dentro das actividades que organizan desde o club de lectura A carón dos libros e está aberta para todo o público que queira asistir.
Cecilia F. Santomé é unha autora vilalbesa e esta é a súa terceira novela, na que aborda o momento da morte dun home maior e as relacións de familia que se mostran nese momento da despedida definitiva.
Por outra banda, o mércores día 23 de abril celébrase o Día do Libro polo que en Librería Bahía “durante todo o día os libros terán un 10% de desconto e, se o tempo o permite, sacaremos libros e música á rúa para celebralo”, anuncian.