Festa Labrega

09/10/2024

A asociación cultural deportiva Pequenos Pasos, de Landrove (Viveiro), organiza a sétima edición da Festa Labrega os días 11 e 12 de outubro, venres e sábado. O campo da festa estará no atrio de Landrove, onde se instalará unha gran carpa.

As actividades empezarán o venres ás 21:00 horas co prendido da chama olímpica. A partir das 21:30 repartirán boliños preñados gratis e ás 22:00 horas actuará Amigos do Folk.

O sábado os actos comezarán ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada polo dúo Estrellas e os asistentes poderán degustar pinchos labregos de tortilla, que venderán a 4 euros para os socios do colectivo organizador da festa e a 5 euros para os que non pertencen á asociación. Ás 16:00 horas comezarán as sétimas Olimpíadas Rurais e ás 20:30 actuarán os grupos Espera que vou mexar e Hortensio. A partir das 21:...

leer más