As San Lucas

25/09/2024

A asociación As San Lucas anunciou: “o pregoeiro seleccionado por esta comisión organizadora e que aceptou gustosamente honrarnos coa súa presenza o vindeiro 16 de outubro de 2024 para a celebración da 868 edición das Feiras e Festas de As San Lucas é Don Jesús Díaz Fernández (mestre, diplomado en gastronomia internacional, dietética e nutrición. Foi maître de cuisine no Palace Hotel GSTAAD). Levou a cociña de Cunqueiro ás entrañas helvéticas, demostrando o bo saber e facer da gastronomía do noso país. É un dos fundadores do Centro Galego na capital Suiza de Berna”.

“Agardámosvos para compartir a marabillosa noite do 16 de outubro co que darán comezo as Feiras e Festas de As San Lucas 2024”, rematan os organizadores dos festexos de Mondoñedo.

 

22/09/2024

A asociación organizadora das feiras e festas de As San Lucas, en Mondoñedo, anuncia os participantes no espectáculo de doma nocturna de cabalos que haberá os días 18 e 19 de outubro, venres e sábado, ás 21:00 horas na Praza da Catedral mindoniense. Son Marie Alice, Santiago Amador, Kevin Ferreira e Javier Simón.

Os organizadores explican que “Santiago Amador foi campión de Andalucía, de España e do mundo en alta escola española; Kevin Ferreira, dende Francia repite como o mellor volteador de Europa; Marie Alice Simeoni, tamén dende Francia, traballa con 4 ponis en liberdade acompañados de dous cans, que fan desta domadora un espectáculo único; e Javier Simón, o culpable de que sigamos contando con este evento un ano máis, que nos acompañará co seu poni Jeromi”.